Convocatoria de axudas á investigación en lingua galega

Teses de doutoramento, proxectos de fin de carreira e traballos de fin de grao e mestrado

Convocatoria correspondente ao ano 2017, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística, cuxo obxectivo é incentivar o emprego da lingua galega en tarefas investigadoras.

Persoas destinatarias

Alumnado da UDC que redacte e defenda o seu traballo de investigación en lingua galega. Esta convocatoria abrangue as solicitudes do 18 de outubro de 2016 ata que se esgote o crédito dispoñible e, como máximo, ata decembro de 2018.

Contía das axudas

400 euros para as teses de doutoramento

75 euros para os traballos de fin de mestrado, traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira

Lugar e prazo de presentación

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da UDC ou en calquera dos rexistros auxiliares dos campus universitarios da Coruña e Ferrol. Tamén é posible nos demais medios habilitados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación é de dous meses desde a defensa do traballo, agás para aqueles que se defendesen a partir do 3/11/2017 cuxo prazo conta desde a publicación desta ampliación da convocatoria (para estes efectos o mes de agosto é inhábil).

Modificación do prazo de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata que se esgote o crédito dispoñible e, como máximo, ata decembro de 2018.

 

Texto íntegro da convocatoria

Documentación que hai que presentar cuberta:

1. Solicitude (DOC, ODT ou PDF)

2. Apartados I e V do Anexo I (debe vir selado e asinado pola entidade bancaria)

3. Modelo de declaración (DOC, ODT ou PDF)

4. Copia do traballo gravada nun CD.