Como solicitar permisos nas aplicacións informáticas polo concurso de traslados

Moi importante :

As/os usuarias/os que cambien de posto non deben acender o equipo informático do seu novo posto ata que se lle confirme que ten asignados os novos permisos nas carpetas compartidas ou de rede, pois mentres estea conectado non se poden levar a cabo eses cambios.

Os cambios de permisos deben ser solicitados pola persoa responsable da unidade administrativa para todos os traballadores que se incorporen á dita unidade, do seguinte xeito:

 

1) - En todos os casos é preciso que a persoa responsable da unidade chame ao CAU, na extensión 2222, indicando :

  • Os nomes e apelidos e login de servizos das persoas que se incorporan á unidade
  • Os datos dalgunha das persoas que segue a traballar na dita unidade para usar como referencia para copiarlle os permisos.

A persoa responsable recibirá un email no que se lle notificará que se realizaron os cambios solicitados.
 

2) - Solicitar permisos para as aplicacións de xestión específicas para ese tipo de unidade administrativa, así como solicitar a baixa das ditas aplicacións da persoa que deixa de traballar na dita unidade.

Cada solicitude envíase ao órgano que figura na propia solicitude e sempre debe indicar os nomes e apelidos e a ser posible o login de servizos.

A persoa responsable recibirá un email no que se lle notificará que se realizaron os cambios solicitados.

 

Este é o procedemento de solicitude para as distintas aplicacións :

 

Xescampus

- Alta : formulario Xescampus marcando o cadro “alta”
- Baixa :  formulario Xescampus marcando o cadro “baixa”

 

Sorolla, Portal Económico ou SEF

- Alta e baixa : formulario UXXI

(no mesmo impreso debe figurar o alta mais a baixa de cada posto de traballo)


Epsilon

-Alta e baixa: enviando un email a axea.sic@udc.es Indicando no mesmo email para cada posto o alta e a baixa.

Rexistro na aplicación Sigem

- Só fai falta solicitar a alta se a persona nunca rexistrou nos seus postos anteriores na universidade.
Alta : enviando un email a sede@udc.es


 Milenium
-As altas e baixas se tramitan na Sección de Proceso Técnico da Biblioteca