SERVIZO DE INVESTIGACIÓN

Imaxe do patio interior da Reitoría da Universidade da Coruña

A UDC aposta polo seu futuro a través do desenvolvemento dunha investigación de calidade. Insistir nas liñas de investigación tradicionais, apoiar aquelas que, aínda menos desenvoltas, poden ser de interese para unha sociedade en cambio e tender lazos de unión coas empresas e institucións do noso contorno son criterios que moven a actividade investigadora desta Universidade.

FUNCIÓN PRINCIPAL

O Servizo de Investigación é o encargado da xestión administrativa da actividade de I+D+i dentro da UDC. Entre as súas funcións destacan as seguintes:

  • Xestión dos proxectos, accións complementarias e convenios de investigación
  • Xestión de RRHH relacionados coa investigación
  • Xestión da xustificación do gasto en canto a proxectos e convenios de investigación
  • Xestión das distintas axudas á investigación da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia.
  • Apoio á participación dos grupos de interese da UDC nas convocatorias de axudas á investigación das diferentes administracións i entidades.

Actualidade