Dimensión Europea da Universidade Sénior

TALLER EUROPEO: EDUCACIÓN E DIVULGACIÓN CIENTÍFICA (CURSO 2017-2018)

Prof. Dra. María del Pilar García de la Torre


As universidades son institucións adicadas non só á docencia senon tamén á investigación científica, pero os esforzos e os logros que se conquiren neste eido non chegan suficientemente ao público en xeral nin en ocasións aos propios estudantes universitarios, polo que resultan necesarias accións específicas de comunicación e divulgación de traballos e achádegas científicas. A finalidade xeral do taller será aportar os coñecementos necesarios para que os alumnos e alumnas sirvan de axentes divulgadores a través de diversas ferramentas, principalmente as TIC, e medios de difusión como a radio. Esta divulgación estará destinada non só ao público local senon tamén internacional.

Obxectivos:
Aumentar o nivel de alfabetización científica dos alumnos e alumnas da Universidade Sénior.
Formar aos alumnos e alumnas como axentes divulgadores dos avances científicos, tanto a través das novas tecnoloxías como dos medios tradicionais e de ferramentas de escritura como os scikus (haikus científicos).
Metodoloxía:
A metodoloxía do taller será principalmente activa e participativa. Serán incluídas leccións maxistrais, traballo en grupo, clases prácticas e saídas de campo.

Contidos:
Como contenidos instrumentais proporcionarase formación en TICs (principalmente blogs) e en inglés.
A partir de contidos científicos específicos expostos por investigadores da Universidade de A Coruña,os alumnos e alumnas serán formados nos análises de publicacións científicas e en cómo convertilos en textos para seren difundidos en distintos medios.
Os alumnos e alumnas tamén serán formados en el sciku (haiku científico) como ferramenta de divultación.


BLOG DO TALLER EUROPEO 2017-2018: SCISENIOR

 

TALLERES EUROPEOS NA UNIVERSIDADE SÉNIOR (2003-2017).

Obxectivos:

  • Promover unha cidadanía europea activa entre os estudiantes sénior.
  • Favorecer a adquisición de novos coñecementos e habilidades mediante unha metodología activa e participativa.
  • Mellorar as destrezas e recursos xa adquiridos polos alumnos e alumnas, e a adquisición de novos recursos.
  • Potenciación de actitudes e destrezas: aprender a aprender e aprender para compartir.
  • Fomentar unha maior adaptación ás necesidades e potencial individual dos estudantes.
  • Facilitar a formación en linguas extranxeiras, nomeadamente en lingua inglesa, e no uso das tecnoloxías da información e a comunicación, con caracter instrumental.

No presente curso 2016-2017, no marco dos convenios no marco dos convenios bilaterais co Het Perspectief de Gante (Bélxica) e coa Comune di Scandiano (Italia) participará no desenvolvemento dunha iniciativa denominada "O Nome da Rosa".

Ademais, coa participación de socios en Portugal e Brasil, comeza unha nova andaina do Clube de Poesía On-Line "En-RED-Versados", adicada nesta 2ª edición á poesía nas linguas da lusofonía.


Ademais, ata agosto de 2016, seguiu a participación no proxecto europeo ProHospiz. Nesta Asociación Estratéxica KA2 do programa Erasmus+, a Universidade Sénior da Coruña acolleu o Transnational Meeting e mais unha das Learning Activities, entre os días 28 de setembro e 2 de outubro de 2015.

ProHospiz Website

Produto final do Proxecto ProHospiz: Guía Práctica e Multicultural para o establecemento de coidados paliativos

Durante o curso 2015-2016, no marco dos convenios bilaterais co Het Perspectief de Gante (Bélxica) e coa Comune di Scandiano (Italia) participou no desenvolvemento dunha iniciativa chamada "Tras as pegadas de Quixote - Sulle orme di Don Chisciotte", para a aprendizaxe das TIC a través de dous elementos motivadores: a obra de Miguel de Cervantes, en coincidencia coa celebración do IV Centenario da edición de 1615 de "Don Quijote", e a celebración en Gante da Floralia 2015.

 

Durante o curso 2014-2015, a Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, participou en varios proxectos e actividades de dimensión europea:

Baixo coordinación alemana, a Universidade Sénior participou como socio no proxecto europeo ProHospiz, unha Asociación Estratéxica KA2 dentro do Programa Erasmus+, destinada á realización dunha guía práctica e multicultural para a creación e posta en marcha de servizos destinados ás persoas maiores. Este proxecto conta tamén con socios en Portugal, Romanía, Polonia e Alemania.

Ademais, dentro da iniciativa Leonardo da Vinci do Programa de Aprendizaxe Permanente, a Universidade Sénior da Coruña continuará participando como entidade colaboradora do proxecto europeo ACTing, adicado a mellorar a formación dos axentes sociais na promoción do envellecemento activo a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). No marco deste proxecto, no vindeiro curso a Universidade Sénior porá en marcha varias iniciativas tecnolóxicas singulares no eido da formación en TIC, que serán presentadas ao concurso internacional de iniciativas que promove este proxecto europeo, no que tamén participan axentes sociais de Italia, Romanía e Suiza.

Por outra banda, continuarán os intercambios académicos iniciados en 2008 coa institución flamenca de formación de adultos Het Perspectief de Gante (Bélxica). No vindeiro curso, a este programa de intercambios se sumarán tamén os nosos socios da Comune di Scandiano (Emilia Romagna - Italia). Estas actividades se verán desenvolvidas cunha nova edición do Taller Europeo.

 

Blog do Taller Europeo 2013-2014

Blogs do Taller Europeo 2014-2015:

- Iniciativa ACTing "En-Red-Versados"

- Iniciativa ACTing "Speakspeare - Falemos con William"

 Blog do Taller Europeo 2015-2016

 

 

Historia da Dimensión Europea da Universidade Sénior da UDC

logo grundtvigA implicación da Universidade Sénior no desenvolvemento e na execución de proxectos europeos comenza no curso 2003-2004, e se mantén de xeito ininterrumpido ata o actual 2010-2011. Ao longo destes anos, os proxectos educativos europeos nos que ten participado a Universidade Sénior foron de xeito maioritario as denominadas Asociacións de Aprendizaxe.

 

 

 

2003-2006: European Senior Citizens’ Storyboard
logo storyboardEn 2003 se inicia o proxecto denominado European Senior Citizens’ Storyboard, mediante unha asociación de aprendizaxe. O obxectivo xeral da Asociación de Aprendizaxe era promover a interacción entre os cidadáns europeos maiores, fomentando a aprendizaxe e o intercambio de coñecementos sobre o patrimonio cultural, utilizando para isto as novas tecnoloxías e a aprendizaxe do inglés como lingua vehicular do proxecto, e deste xeito, promover nos participantes un sentimento de pertenencia a unha Europa común a todos eles.
Utilizáronse as tecnoloxías da información e comunicación para que os alumnos/s expuxeran ditas historias na páxina web do proxecto, añadindo a posibilidade de realizar comentarios sobre éstas e interactuar cós autores mediante correo electrónico. Neste proxecto participaron socios procedentes de Italia, Reino Unido, Finlandia, Bélxica, Alemania e España, e tivo unha duración de tres anos, entre agosto de 2003 e xullo de 2006.

 

2006-2009: Routes Towards Europe


logo rteBaixo a denominación de Routes Towards Europe, iniciouse en 2006, unha nova Asociación de Aprendizaxe na que se reuniron varios programas nacionais destinados a alumnos/as sénior e relacionados coas dinámicas de cidadanía activa no contexto cultural europeo.
Os grupos de estudio formados en cada un dos países participantes traballaban temas de identidade europea, usando como punto de partida a investigación sobre as rutas históricas de comunicación que foron conformando a idea dunha Europa común. Ademáis, realizaron estudos de lingua inglesa e sesións formativas acerca das tecnoloxías da información e a comunicación. Para o intercambio de información, opinión, etc., os participantes tiñan ao seu dispor as ferramentas informáticas do espazo web do proxecto e a plataforma de teleformación Moodle. Ademáis, por suposto, tanto alumnos como docentes se reunían en seminarios ou encuentros nacionales e internacionales con carácter anual. Diversas institucións de educación de adultos dos siguientes paises: Reino Unido, Finlandia, Alemania, Italia e España, participaron no proxecto Routes towards Europe, que finalizou en xullo de 2009.

 

 2009-2011: Our Continent – Our Culture

logo oc-oc newO proxecto Our Continent – Our Culture, que se iniciou en outubro de 2009 e finalizou no verán de 2011, trata das diversas formas nas que os europeos ten contribuido, e están a contribuir, á cultura común de Europa. A aprendizaxe de idiomas, a identidade, a cidadanía activa e a cohesión europea, xunto coa comprensión e a comunicación entre xeracións son aspectos fundamentais deste proxecto, en coincidencia cós obxectivos específicos e operativos de Grundtvig. Participan neste proxecto institucións de educación de adultos de Portugal, Italia, Alemania, Reino Unido, España e Finlandia.

 

 

Website do Proxecto "Our Continent -Our Culture"

Blog do Obradoiro Europeo "Our continent - Our Culture"

Rede Social do Proxecto "Our Continent- Our Culture"


A raiz da participación nestas Asociacións de Aprendizaxe Grundtvig, a Universidade Sénior ten ido tecendo unha rede de contactos que derivou no establecemento de relacións bilaterais con algúns das institucións que teñen participado como socios en ditos proxectos, ainda que xa sen a financiación da UE.


Mediante a firma dun convenio bilateral en 2008 de colaboración có HET Perspectief de Gante (Bélxica), se ten desenvolvido unha nova liña centrada no intercambio de estudantes e docentes, e a realización de actividades comúns mediante as novas tecnoloxías e se creou un novo taller europeo no curso 2008-2009, centrado na literatura como punto de encontro das diferentes culturas que conforman a cultura común europea. Este taller levaba o nome da poetisa galega Rosalía de Castro e culminou no curso 2010-2011.

 

 logo rosalia

 

 

 
 

Blog do Obradoiro Europeo "Rosalía de Castro"

 

Cursos 2011/2012 e 2012/2013:

 

MTN-logoCoa denominación "More than Neighbours", entre 2011 e 2013 se desenvolveu unha Asociación de Aprendizaxe Grundtvig na que participou a Universidade Sénior, xunto con socios en Alemaña, República Checa, Polonia, Italia e Bélxica.

Os obxectivos principais foron:

Promover a interacción entre os cidadáns europeos senior, mediante internet, email e seminarios internacionais.
Analizar a propia identidade cara a creación dunha identidade común europea.
Promocionar a aprendizaxe de idiomas
Favorecer a formación en novas tecnoloxías da información e a comunicación.

 

Blog do Obradoiro Europeo "More than Neighbours!"

Website da Asociación de Aprendizaxe "More than Neighbours!" 

 

As actividades dos Talleres Europeos da Universidade Sénior da Universidade da Coruña foron premiadas polo Ministerio de Educación e Ciencia cunha Mención Honorífica na convocatoria dos Premios Miguel Hernández 2011 que apoian e difunden boas prácticas e experiencias de aprendizaxe ao longo da vida en España. Estes premios están orientados a recoñecer a importancia da eliminación das desigualdades ante a educación e a supresión das discriminación, premiando a labor realizada por institucións públicas e privadas sen ánimo de lucro distinguidas pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo, tanto o tradicional como o que se pode xerar polo progreso científico e tecnolóxico.

A concesión da mención honorífica recoñece a promoción da dimensión europea na Universidade Sénior da Coruña en diferentes proxectos de educación de adultos con dimensión europea dentro do Programa de Aprendizaje Permanente – Lifelong Learning Programme da Unión Europea, co obxectivo da potenciación dunha cidadanía activa europea entre os alumnos e alumnas sénior da Universidade da Coruña.

 

Estas actividades de dimensión europea da Universidade Sénior da Coruña foron tamén recoñecidas como Boa Práctica na Prevención da Dependencia e Promoción do Envellecemento Activo, coa súa inclusión na Banco de Boas Prácticas da Xunta de Galicia. Este Banco é un catálogo on-line de boas prácticas que identifica e difunde experiencias innovadoras en materia de prevención da dependencia e o envellecemento activo.