Seguros

SEGURO ESCOLAR

Seguro escolar para menores de 28 anos.
- SEGURIDADE SOCIAL: (ENLACE PRESTACIÓNS SEGURO ESCOLAR)
- OBRIGATORIO: Estudantes nacionais dos Estados membros da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo, e, en xeral, todos os estudantes estranxeiros residentes nas mesmas condicións que os españois, sempre que cursen os citados estudos en España e ata a idade de 28 anos.

Formulario de solicitude de prestacións do seguro escolar

Centros médicos asistencia sanitaria:

- Todos os centros públicos do Sistema Nacional de Saúde.

SEGURO HAC LUCE ACCIDENTES

- COMPAÑÍA ASEGURADORA: ACE EUROPEAN GROUP LIMITED SUCURSAL ESPAÑA.

- PÓLIZA: curso 2016/2017
- RESUMO COBERTURAS: curso 2016/2017
- OBRIGATORIO: Alumnos maiores de 28 anos.
- INDICADO: Alumnos da Universidade da Coruña que realicen prácticas académicas externas, actividades deportivas, culturais e sociais, etc.

Centros médicos de asistencia sanitaria:

A Coruña: Hospital Quirón e Hospital Modelo

Ferrol: Hospital Quirón

Información/sinistros: ARTAI - Correduría de seguros, S.A. coruna@artai.com

R/ Juan Flórez, 42, 1º - 15004. 981 233 625

SEGURO HAC LUCE MOBILIDADE

- COMPAÑIA ASEGURADORA: ACE EUROPEAN GROUP LIMITED SUCURSAL ESPAÑA.
- OBRIGATORIO: Alumnos da Universidade da Coruña de mobilidade (saíntes ao estranxeiro mediante un programa de intercambio internacional).

- PÓLIZA: curso 2016/2017
- RESUMO COBERTURAS: curso 2016/2017

Consultas: seguros.estudantado@udc.gal

OUTRAS INFORMACIÓNS/RECOMENDACIÓNS

- Recoméndase ler o contido das pólizas: a extensión e ámbito das coberturas, a duración, os datos de contacto para calquera información ou declaración de sinistros, etc.
- É importante informarse dos centros sanitarios concertados polas compañías aseguradoras, dos prazos establecidos para os diferentes trámites e dos capitais asegurados.
- O alumnado que participe en calquera das actividades deportivas organizadas pola Universidade da Coruña debe coñecer o procedemento a seguir no caso de sufrir un accidente ou lesión.
- Independentemente de cando se contraten os seguros, a prima e duración máxima da cobertura dos seguros son as establecidas no condicionado das pólizas.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal