Visita ao campus de Ferrol

Percorrido xeral

  • Para o alumnado de 3º e 4º curso da ESO, de bacharelato e de formación profesional.
  • Visitas: os venres desde o 2 de febreiro de 2018 ata o 27 de abril de 2018.

Percorrido por rama de coñecemento

  • Para o alumnado de bacharelato e ciclo superior
  • Visitas: os xoves do mes de febreiro

Percorrido personalizado por titulación 

  • Exclusivamente para o alumnado de 2º curso de bacharelato e de 2º de formación profesional, cun máximo de 4 titulacións e 15 alumnos/as por titulación.
  • Visitas: os meses de marzo, abril e maio

Percorrido aos centros tecnolóxicos

Este centro de investigación está situado no campus de Ferrol.

Nos seus cinco laboratorios investíganse aspectos de mecánica de fluídos, polímeros, aplicacións industriais do láser, química e combustibles. Visitas aos laboratorios

    Visitas para o alumnado de:

  • 3º e 4º curso da ESO de febreiro a abril. Visita este enlace.
  • bacharelato e formación profesional soamente os seguintes días do mes de xaneiro de 2018: 23 e 24 (martes e mércores).

número de xornadas: dúas por día
duración de cada xornada: 01:30 horas
horario de: 10:30 a 12:00 horas e de 12:00 a 13:30 horas
máximo de asistentes por xornada: 60/75

solicitude da visita a través do correo electrónico sape.difusion@udc.es

Percorrido á clínica podolóxica