Novidades editoriais

Catálogo  |  Distribución

 

Fisioterapia_respiratoria_MA37_700px_Web
Guía práctica de fisioterapia respiratoria
Sonia Souto; Luz González; Asenet López; Ana Lista

Manuais; 37

2017 | 108 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-655-1 | 17 €

Esta guía recolle doce prácticas de fisioterapia respiratoria dirixidas á formación de estudantes universitarios e fisioterapeutas titulados. Aparecen estruturadas nas súas diversas fases de execución, con anotacións específicas sobre o material e o tempo requiridos, os obxectivos perseguidos, e os procedementos que se deben seguir na valoración e na intervención fisioterapéuticas. Ademais, acompáñase cada unha dunha breve bibliografía e de numerosos gráficos e imaxes orientadores.

 Perez_Franco_H12_700px_Web
Xosé Pérez Franco. Imaxes do seu pensamento
Antonio Amado Lorenzo; Antonia Pérez Naya (eds.)

Homenaxes; 12

2016 | 91 pp. | 210x210 mm | ISBN: 978-84-9749-641-4 | 19,00 €

Arquitectos, profesores, escritores, artistas e, en definitiva, amigos de Xosé Pérez Franco, “arquitecto, profesor, pintor, músico y muchas otras cosas más”, homenaxéano nesta obra cos seus poemas, lembranzas e reflexións. Os seus testemuños recoñecen o perfil polifacético e complexo de Pérez Franco, a súa ironía, o seu humor, o seu compromiso coas iniciativas artísticas propias e alleas, e outras facetas menos coñecidas. A obra reproduce tamén debuxos, acuarelas, fotografías e textos do homenaxeado.

 Proyecto Micasita_700px_Web
Proyecto Micasita para los sintecho. Concurso de arquitectura
Fernando Agrasar (dir.)

Fóra de colección

2017 | 141 pp. | 296x209 mm | ISBN: 978-84-9749-661-2 | 19,00 €

A obra recolle os traballos presentados ao concurso “Micasita para los sintecho”, convocado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, e promovido polo Hogar Sor Eusebia para impulsar o seu programa Micasita, co que pretende dar unha solución habitacional ás persoas sen fogar atendendo as súas condicións específicas. Este libro ofrece propostas moi diversas, desenvolvidas por equipos de arquitectos profesionais e en formación desde plantexamentos reflexivos moi distintos. [Ver mostra]

 Arquitectas_M159_700px_Web
Arquitectas pioneras de Galicia. Ocho entrevistas
María Carreiro; Cándido López (eds.)

Monografías; 159

2017 | 293 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-649-0 | 15,00 €

Esta obra recolle oito entrevistas ás primeiras mulleres adicadas á arquitectura en Galicia, e apórtanos o relato das arquitectas no seu contexto profesional e social (sen esquecer o persoal), construíndo unha historia que vai dende os anos 40 á actualidade. Acompáñase cada entrevista dunha breve anotación biográfica, unha fotografía e unha obra de arquitectura representativa. Os audios orixinais poden consultarse no repositorio da UDC (http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/17987). [Ver mostra]

 California_Dreaming_M156_700px_Web
California Dreaming. Una fascinante historia de la vivienda unifamiliar de bajo coste a través de diez insólitas biografías
Pedro de Llano

Monografías; 158

2017 | 270 pp. | 210x150 mm | ISBN: 978-84-9749-653-7 | 18,00 €

A obra preséntanos un grupo trascendental de arquitectos californianos do segundo terzo do século XX (Schindler, Ain, Rapson, Eames…), vinculados ao programa das Case Study Houses que promoveu John Entenza. A través das súas biografías e obras, e apoiándose en numerosos planos e imaxes, o autor describe e contextualiza esta suxestiva experiencia arquitectónica baseada en plantexamentos racionais e sostibles, que busca conciliar arquitectura e desenvolvemento desde a responsabilidade social. [Ver mostra]

 Plata_Siglo_Luces_M156_700px_Web
Plata en el Siglo de las Luces: los Ballerna (1680-1816).
Estudio histórico-artístico
Rosa Martín Vaquero

Monografías; 156

2016 | 384 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-648-3 | 29,00 €

Na florecente pratería vitoriana do Barroco destaca o obradoiro da familia Ballerna, cuxa longa traxectoria iníciase a finais do século XVII con Manuel de Ballerna, continúase no XVIII –co seu fillo Rafael e o seu neto José– e chega ata as primeiras décadas do XIX. A obra ofrece un estudo histórico-artístico exhaustivo das pezas deste obradoiro e os seus artífices; complétase coas marcas estampadas por prateiros, contrastes e a propia cidade de Vitoria, e con varios índices e apéndices. [Ver mostra]

 BAT72_portada_700px_Web
Machado de Assis e a mundana comédia. Cinco peças teatrais
Alva Martínez Teixeiro; Carlos Paulo Martínez Pereiro (edição e estudo)

Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"; 72

2017 | 251 pp. | 210x135 mm | ISBN: 978-84-9749-652-0 | 12,00 €

A obra recolle cinco das pezas teatrais máis representativas de Machado de Assis (1839–1908): a ‘comédia fársica’ Quase ministro (1862), a ‘comédia mítico-alegórica em verso’ Os deuses de casaca (1864-1865), a ‘comédia histórico-ficcional’ Tu só, tu, puro amor… (1880) e as ‘comédias burguesas’ Não consultes médico (1896) e Lição de botânica (1905). Incorpora ademais un prefacio de Marco Lucchesi e un estudio introdutorio dos editores. Esta edición vén coincidir co vixésimo aniversario da colección «Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor». [Ver mostra]

PI17_Facsimile ANT_cuberta_700px_Web
Edición facsímile d’A Nosa Terra n.º 1 (14 nov 1916)
Varios autores

Publicacións Institucionais; 17

2016 | 8+22 pp. | 350x250 mm | ISBN: 978-84-9749-650-6 | 12,00 €

Esta edición facsímile reproduce no seu tamaño orixinal as oito páxinas do primeiro número d’A Nosa Terra, saído do prelo o 14 de novembro de 1916. A UDC conmemora con ela, en colaboración coa Deputación da Coruña, o centenario desta publicación clave e seminal na historia de Galicia. Acómpañase dun caderno cunha presentación e tres achegas que facilitan a comprensión do seu valor e do seu devir: unha achega do 1935 de Víctor Casas en Nós, e outras dúas actuais, dos profesores Teresa López e Uxío-Breogán Diéguez. [Ver mostra]

 Sociologia_H13_700px_Web
Donde la sociología te lleve.
Miscelánea en torno a la figura de Benjamín González Rodríguez
Amparo Almarcha; Patricia González; Laura Román (eds.)

Homenaxes; 13

2016 | 775 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-644-5 | 32,00 €

Esta obra acolle numerosos e moi diversos artigos en homenaxe ao profesor Benjamín González Rodríguez, e está editada en colaboración co Centro de Investigaciones Sociológicas e o Ilustre Colegio Nacional de Doctores y Licenciados en Ciencias Políticas y Sociología. Os autores aquí reunidos, de moi diversa adscrición profesional, aportan traballos académicos e reflexións desde campos como a socioloxía, a politoloxía, a psicoloxía ou a educación, ademais de recordos e semblanzas do homenaxeado. [Ver mostra]

 Irmandades_M157_700px_Web
As Irmandades da Fala, cen anos despois
Carme Fernández Pérez-Sanjulián (ed.)

Monografías; 157

2016 | 326 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-643-8 | 17,00 €

Esta colección de estudos foi impulsada polo grupo de investigación ILLA, co fin de resaltar a vixencia e proxección das Irmandades da Fala no centenario da súa fundación. Agrupa dezaoito traballos elaborados por especialistas en diferentes ámbitos, que discorren desde a reflexión de conxunto sobre as achegas que incorporou este movemento, até a análise pormenorizada de aspectos específicos, todos eles esenciais para entender a súa proposta respecto do labor de construción nacionalitaria da Galiza. [Ver mostra]

 Anexo_lexicografia_39_700px_Web
El léxico de astronomía y navegación en Martín Cortés de Albacar
María Lourdes García-Macho

Anexos de Revista de Lexicografía; 39

2016 | 175 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-642-1 | 12,00 €

A obra organiza co xeito de dicionario o léxico de astronomía e navegación que o aragonés Martín Cortés de Albacar recolleu no seu Breve compendio de la sphera y de la arte de navegar —un dos tratados de mariñeiría máis importantes da época—, a partir da súa primeira edición do 1551. Na introdución expóñense o contexto no que foi escrito o compendio, as súas características, algúns problemas que plantexa e os criterios seguidos para a elaboración deste dicionario. As distintas acepcións de cada entrada acompáñanse de exemplos da obra fonte. [Ver mostra]

Anfibios_reptiles_M155_700px_Web
Los anfibios y reptiles extinguidos. Herpetofauna desaparecida desde el año 1500
Pedro Galán Regalado

Monografías; 155

2015 | 509 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-629-2 | 30,00 €

Descríbense por vez primeira de maneira conxunta todas as especies de anfibios e réptiles extinguidas desde o inicio da Idade Moderna. Unha grande maioría das desaparicións producíronse desde principios do século XX, coincidindo co incremento exponencial da actividade humana sobre o medio natural. Baseándose nunha revisión exhaustiva da bibliografía científica e outras fontes, nárranse as historias destas especies e as causas que orixinaron a súa desaparición.    [Ver mostra]

 

 Introduccion_termodinamica_MA36_700px_Web
Introducción a la termodinámica
José María Sáiz Jabardo; Luben Cabezas Gómez; Pablo Fariñas Alvariño

Manuais; 36

2015 | 645 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-630-8 | 32,00 €

Esta introdución á termodinámica segue as liñas xerais propostas polo profesor Joseph H. Keenan para cursos de enxeñería mecánica: está ideada e estruturada para cursos de Enxeñería Industrial e Enxeñería Naval e Oceánica na UDC. O seu obxectivo é transmitir unha visión práctica da disciplina: ofrece unha introdución teórica de cada tema, e compleméntaa cunha serie de exemplos e problemas resoltos, co propósito de preparar o lector para modelar problemas prácticos de enxeñería.    [Ver mostra]

Historia_Arquitectura_Galicia_700px_Web
Historia de la arquitectura en Galicia: del Neoclasicismo a la autarquía
Francisco Xabier Louzao Martínez

Manuais; 35

2015, 2016 (reimpr.) | 242 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-631-5 | 18,00 €

O obxectivo fundamental desta obra é trazar unha breve historia da evolución da arquitectura en Galicia desde os anos finais do século XVIII ata mediados do XX. Con tal fin escolléronse os exemplos máis representativos de cada período cuxo estudio, distribuído en nove capítulos, permite ofrecer unha visión panorámica da arquitectura galega, cun claro propósito de síntese dunha época na que os períodos estilísticos se suceden cunha rapidez descoñecida ata o momento. [Ver mostra]

Anexo_lexicografia_38_300_700px_Web
Terminología cinegética en la narrativa de Miguel Delibes: su reflejo en las distintas ediciones del DRAE
Pilar Fernández Martínez

Anexos de Revista de Lexicografía; 38

2016 | 86 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-639-1 | 10,00 €

Miguel Delibes foi deixándonos, nos miles de páxinas escritas ao longo da súa vida, unha parte importante de si mesmo: nas súas palabras, sempre precisas e certeiras, descubrimos o seu amor pola natureza, por unha Castela moitas veces esquecida, e, por suposto, pola caza. Nestas páxinas o lector poderá achar máis de catrocentas palabras que son testemuño da paixón cinexética do autor e que se converten nunha fermosa lección de quen soubo transmitirnos a beleza dunha “xerga” que temeu que puidese morrer coa caza.

 Anexo_lexicografia_37_300_700px_Web
Los lindes de la morfología
Santiago Alcoba; Cristina Buenafuentes; Gloria Clavería (eds.)

Anexos de Revista de Lexicografía; 37

2016 | 224 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-638-4 | 16,00 €

A obra Os lindes de la morfología reúne diversos estudos nos que desde distintas perspectivas se analiza o posto da morfoloxía dentro do sistema lingüístico e a natureza dos seus límites, sempre complexos. A primeira parte está constituída por sete artigos que exploran as relacións da morfoloxía con outros compoñentes da gramática. A segunda parte é de carácter misceláneo e recolle unha serie de traballos que viran ao redor de temas variados, aínda que moitos deles transitan tamén polos lindes da morfoloxía. A obra péchase, a modo de homenaxe, cunha descrición académica do profesor Santiago Alcoba Rueda.

Anexo_lexicografia_36_700px_Web
Relaciones morfológicas y diccionario
Elisenda Bernal; Sergi Torner (eds.)

Anexos de Revista de Lexicografía; 36

2015 | 126 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-633-9 | 12,00 €

Tradicionalmente considerouse que a descrición morfolóxica non incide directamente na representación lexicográfica, porque o lemario do dicionario componse de palabras e é tarefa da gramática describir e explicar a formación e estrutura interna das palabras. Os cambios que experimentaron gramática e lexicografía fixeron que esa visión tradicional se considere hoxe demasiado simplista. Cada un dos traballos do presente volume ocúpase dun aspecto distinto da relación entre a morfoloxía e o dicionario.

Monografia_8_RGF_700px_Web
Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval
Xoán López Viñas

Monografías de Revista Galega de Filoloxía; 8

2015 | 528 pp. | 230x150 mm | ISBN: 978-84-9749-592-9 | 25,00 €

Este Dicionario constitúe o primeiro repertorio lexical sobre este tipo de morfemas derivativos e os seus correspondentes termos afixados. Non se trata, por tanto, dun dicionario ao uso nin tampouco dun dicionario inverso, senón que só se inclúen voces afixadas ordenadas alfabeticamente conforme o afixo. Alén disto, o glosario céntrase no galego medieval e contextualízase mediante corpus, conformado pola produción literaria, pola relixiosa, pola técnica e por unha selección da prosa notarial.    [Ver mostra]

 Oteiza_700px_Web
Jorge Oteiza y lo arquitectónico. De la estatua-masa al espacio urbano (1948-1960)
Emma López Bahut

Coedición coa Fundación Museo Jorge Oteiza

2016 | 356 pp. | 300x295 mm | ISBN: 978-84-943774-3-3 | 50,00 €

A autora profunda na relación do escultor Jorge Oteiza coa arquitectura, manifestada tanto nos proxectos nos que participou como a través dos seus escritos teóricos. Este estudo exponse como un reflexo do seu proceso artístico desenvolvido nos anos cincuenta, conectando desde o espacial todas as escalas posibles: escultura, arquitectura, cidade e paisaxe. Recupéranse o seu pensamento, procesos de traballo e experimentación, e o transvasamento de ideas entre Oteiza e a arquitectura do momento.    [Ver mostra]

 Derecho_Penal_Europa_CC140_700px_Web
Economía y Derecho penal en Europa: una comparación entre las experiencias italiana y española.
Actas del Congreso hispano-italiano de Derecho penal económico (Università degli Studi di Milano, Milano, 29-30 de mayo de 2014)
Luz María Puente Aba (ed.)

Cursos_congresos_simposios; 140

2015 | 317 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-632-2 | 12,00 €

Esta obra constitúe o testemuño do Congreso hispano-italiano de Dereito penal económico, que tivo lugar o 29 e 30 de maio de 2014 na Università degli Studi di Milano, grazas á cooperación entre esta universidade e a da Coruña. Foi coorganizado polos profesores Francesco Viganò e Luz María Ponte Aba, e articulouse en tres sesións adicadas respectivamente á corrupción nos ámbitos público e privado, a tutela penal dos investidores e ilícitos empresariais, e a responsabilidade penal das persoas xurídicas.    [Ver mostra]

 Anexo_lexicografia_35_700px_Web
Lengua de la ciencia e historiografía
Cecilio Garriga Escribano; José Ignacio Pérez Pascual (eds.)

Con la colaboración de Samanta Planells

Anexos de Revista de Lexicografía; 35

2016 | 354 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-637-7 | 20,00 €

Este volume recolle os resultados da reunión celebrada en Coruña pola Rede Temática Lingua e Ciencia, en outubro de 2013. Acolle vinte estudos lingüísticos que tratan de diversas ramas da ciencia e da técnica: a medicina, a navegación, a enxeñería, a matemática, o deporte, as pesas e medidas, a mineiría, a gramática, a informática ou a enoloxía. Tamén se inclúen traballos sobre a propia linguaxe científica e o seu tratamento en diferentes repertorios lexicográficos.

 25_anos_UDC_300_700px_Web
25 anos de UDC. A Universidade na Coruña e Ferrol
Narciso de Gabriel

Publicacións Institucionais; 16

2015 | 171 pp. | 300x215 mm. | ISBN: 978-84-9749-635-3 | 25,00 € | Libro + DVD

Esta obra é o catálogo da exposición homónima conmemorativa dos 25 anos de existencia da Universidade da Coruña, comisariada polo profesor Narciso de Gabriel, e que a sede da Fundación Barrié albergou entre abril e setembro de 2015. A obra organízase —como a exposición— en tres partes: na primeira, “As escolas profesionais”, abórdanse os antecedentes de mediados do XIX dalgúns dos centros actuais; a segunda, “A Universidade de Santiago na Coruña e Ferrol”, ocúpase do período 1972–1989; e a terceira, “A Universidade da Coruña” (1989–2014), recolle ao longo de 16 apartados a evolución e a configuración actual da UDC.

 Anexo_lexicografia_34_700px_Web
El vocabulario de la navegación en el Siglo de Oro
José Ramón Carriazo Ruiz

Anexos de Revista de Lexicografía; 34

2015 | 311 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-628-5 | 17,00 €

O estudo da xénese e desenvolvemento do tecnolecto náutico e naval no Século de Ouro pasa pola análise diacrónica e documental do vocabulario, tanto na súa faceta formal como semántica. O estudo que presentamos acha o seu verdadeiro valor, dentro do ámbito lexicolóxico, na historia do léxico, sen pretensións de penetrar na esfera do lexicográfico. Así pois, mediante a combinación da clasificación onomasiolóxica, lingüística e cronolóxica das voces descríbese a xénese e desenvolvemento do moderno rexistro mariñeiro, tanto na súa vertente náutica como naval.

Anexo_lexicografia_33_700px_Web
El Vocabulario hispano-latino (1513) de AE. A. de Nebrija: Estudio y edición crítica
Mònica Vidal Díez

Anexos de Revista de Lexicografía; 33

2015 | 234 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-626-1 | 16,00 €

A tradición historiográfica concede a Nebrija un lugar de enorme relevancia entre os estudosos do noso idioma, e entre as disciplinas que cultivou o sevillano compre destacar, por riba de todo, a súa faceta como lexicógrafo. É o noso propósito contribuír ao coñecemento da súa obra e, moi en especial, do Vocabulario, pois ata hoxe non dispuxeramos dun estudo e análise das distintas edicións que viron a luz en vida de Nebrija, coa finalidade de determinar, de entre elas, a versión que fixou para a posteridade e ofrecer así, por fin, a edición crítica dunha obra de tanta significación.

Anexo_lexicografia_32_700px_Web
Lingüística y diccionarios
Mª Pilar Garcés Gómez (ed.)

Anexos de Revista de Lexicografía; 32

2015 | 385 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-625-4 | 20,00 €

A aplicación dos fundamentos teóricos da Lingüística ao ámbito da Lexicografía supuxo un gran avance, tanto nas formulacións metodolóxicas desta disciplina como na súa utilización na confección de dicionarios. Esta idea é a base fundamental que vertebra os capítulos deste libro, que mostran as achegas que as novas propostas metodolóxicas das distintas ramas e perspectivas da ciencia Lingüística —Morfoloxía, Sintaxe, Semántica e Pragmática— representaron na elaboración de dicionarios.

Anexo_Lexicografia_30_300_700px_Web
Léxico, historia y diccionarios
Mª Pilar Garcés Gómez (ed.)

Anexos de Revista de Lexicografía; 30

2015 | 358 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-611-7 | 20,00 €

O obxectivo fundamental deste libro é presentar os avances metodolóxicos na elaboración de dicionarios por parte das diversas ramas da Lingüística, especialmente na súa perspectiva histórica. A aplicación dos fundamentos teóricos da Lingüística histórica ao ámbito da Lexicografía supón un grande avance nos plantexamentos metodolóxicos desta disciplina e na súa aplicación á confección de dicionarios e repertorios lexicográficos de tipo histórico, etimolóxico ou dialectal.

Lingua_universidade_300_700px_Web
Lingua e Universidade. XI Xornadas sobre Lingua e Usos
Xesús M. Mosquera Carregal (ed.)

Cursos_congresos_simposios; 139

2015 | 342 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-622-3 | 14,00 €

Este volume recolle boa parte das intervencións expostas na undécima edición das Xornadas sobre Lingua e Usos que, co gallo de vixésimo quinto aniversario da UDC, tiveron como eixo central o binomio lingua-universidade e que supoñen unha revisión do xa feito en materia de normalización lingüística na Universidade da Coruña, mais tamén no conxunto do sistema universitario galego, así como de posibles liñas de intervención futuras.

 Intervencion_arquitectura_MA34_300_700px_Web
La intervención en la arquitectura: la acción restauradora y rehabilitadora; el mantenimiento; aspectos generales de la patología
María Pilar del Amo Pérez

Manuais; 34

2014 | 228 pp. | 290x200 mm | ISBN: 978-84-9749-587-5 | 18,00 €

A autora estuda as accións restauradora (sobre todo a intervención no patrimonio arquitectónico) e rehabilitadora do edificio e o seu contorno urbano, e desenvolve o concepto de mantemento. Ocúpase logo do coñecemento como secuencia do proceso patolóxico que sufren os edificios, imprescindible para diagnosticar e resolver correctamente un problema construtivo. A obra recolle contidos desenvolvidos na materia Patoloxía e rehabilitación, que se imparte na Escola de Arquitectura Técnica.

Anexo_lexicografia_31_700px_Web
Morfología y diccionarios
Bruno Camus Bergareche (ed.)

Anexos de Revista de Lexicografía; 31

2014 | 214 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-615-5 | 14,00 €

O volume comprende un conxunto de traballos que abordan desde distintas perspectivas a relación entre Morfoloxía e dicionarios. Na súa maioría parten de consideracións diacrónicas ou históricas, pero outros refírense á lexicografía académica desde unha perspectiva máis descritiva e teórica. Así mesmo, formúlanse problemas de orde propiamente lexicográfica e non só para o español. Finalmente, inclúense traballos que revisan materiais que se ofrecen en manuais recentes de E/LE.

Nova_Terra_47_700px_Web
Blueschist-facies Rocks from the Malpica-Tui Complex (NW Iberian Massif)
Alicia López Carmona

Serie Nova Terra; 47

2015 | 299 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-621-6 | 30,00 €

Os afloramentos de terreos en facies de xistos azuis no Arco Ibero-Armoricán son escasos. Un exemplo é a Unidade de Ceán, unha secuencia volcanosedimentaria asociada á marxe norte de Gondwana durante a súa subdución baixo Laurussia. A investigación permitiu deducir a súa evolución metamórfica desde o comezo da subdución en condicións P–T de 350–380°C e 12–14 kbar. A idade do pico metamórfico estimouse en ca. 363±2 Ma mediante 40Ar/39Ar en fenxites dos xistos pelíticos.

Anexo_lexicografia_29_700px_Web
Léxico, didáctica y nuevas tecnologías
Yuko Morimoto (ed.)

Anexos de Revista de Lexicografía; 29

2014 | 182 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-614-8 | 12,00 €

Esta monografía colectiva aborda o estudo do léxico e as súas aplicacións didácticas dende diversas perspectivas. Nos sete capítulos dos que consta o libro, especialistas pertencentes a varios proxectos nacionais e internacionais encárganse de expor os seus logros e novos retos da investigación teórica e aplicada sobre a estrutura do léxico. No seu conxunto, o libro ofrecerá ao lector unha visión panorámica, e ao tempo crítica, sobre este ámbito de investigación lingüística.

Monografía_10_RGF_700px_Web

Novas perspetivas linguísticas no espaço galego-português
Maria Aldina Marques; Xosé Manuel Sánchez Rei (eds.)

Monografías de Revista Galega de Filoloxía; 10

2015 | 231 pp. | 230x150 mm | ISBN: 978-84-9749-620-9 | 15,00 €

Esta monografía reúne nove traballos feitos por membros da Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da UDC e por integrantes do Departamento de Estudos Portugueses e Lusófonos da Universidade do Minho. Constitúe un bo exemplo das principais liñas de pesquisa que se están a desenvolver nas dúas institucións e ofrece ao público nove traballos innovadores no ámbito da lingüística e filoloxía galego-portuguesas.

Monografía_9_RGF_700px_Web
Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica
Leticia Eirín García; Xoán López Viñas (eds.)

Monografías de Revista Galega de Filoloxía; 9

2014 | 393 pp. | 230x150 mm | ISBN: 978-84-9749-609-4 | 18,00 €

Esta obra recolle dezasete artigos que pretenden revisar e pór ao día os últimos avances a respecto da lingüística histórica galega e portuguesa, quer sobre a gramática, quer sobre o léxico ou quer sobre a fixación textual. Son traballos de especialistas das tres universidades galegas e de importantes investigadores e investigadoras de Portugal, Italia ou os Estados Unidos.    [Ver mostra]

Horreo_600_Web
O hórreo: patrimonio arquitectónico
José Ramón Soraluce Blond; Manuel Caamaño Suárez; Alberta Lorenzo Aspres; Xabier Louzao Martínez

Monografías; 152

2014 | 146 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-582-0 | 18,00 €

A visión actual do hórreo sitúa este no campo do Patrimonio, desde a declaración de todos os hórreos galegos con máis de cen anos de antigüidade como Ben de Interese Cultural (BIC). Esta valoración, que afecta á protección de milleiros de exemplares, precisa unha normativa construtiva para as restauracións de hórreos que se están a realizar. Os traballos de investigación recollidos neste libro inciden na realidade dos hórreos como construcións arquitectónicas de obrigada conservación, completando o panorama de textos existentes sobre a súa valoración etnográfica, antropolóxica ou xeográfica. Esta actualización dos estudos sobre os hórreos faise adoptando catro enfoques diferentes, acometidos por outros tantos investigadores do grupo universitario GICAP (Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio), adscrito ao Departamento de Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura, da Universidade da Coruña.

 Catedra_JJuan_2014_700px_Web
Cátedra Jorge Juan. Ciclo de conferencias, curso 2013–2014
Salvador Naya Fernández (ed.)

Cursos_congresos_simposios; 138

2015 | 141 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-618-6 | 14,00 €

A obra recolle nove conferencias impartidas no marco da Cátedra Jorge Juan no curso 2013–2014. Entre as actividades anuais desta cátedra, nacida dun convenio entre o Ministerio de Defensa e a Universidade da Coruña, está un ciclo de conferencias, que este ano tocou temas moi diversos: fototoxicidade, historia militar, ciencia e enxeñería de materiais, astronomía, criptografía, industria naval, recursos mariños, saúde e seguridade no mar.

 Anexo_lexicografia_28_700px_Web
Diacronía de los marcadores discursivos y representación en un diccionario histórico
María Pilar Garcés Gómez

Anexos de Revista de Lexicografía; 28

2014 | 225 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-610-0 | 17,00 €

O obxectivo deste libro céntrase en determinar as bases teóricas fundamentais que permitan dar unha explicación axeitada do proceso de creación de dous tipos de marcadores discursivos, de ordenación e de reformulación, e en establecer os principios metodolóxicos necesarios para representar adecuadamente as características morfolóxicas e sintácticas, os significados básicos, os sentidos específicos e as funcións discursivas destes signos lingüísticos no Nuevo diccionario histórico de la lengua española (NDHE).

 Anexo_lexicografia_27_700px_Web
Diccionario toponímico do concello e ría de Cedeira
Xosé-Álvaro Porto Dapena

Anexos de Revista de Lexicografía; 27

2014 | 492 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-607-0 | 20,00 €

Tras unha ampla introdución que aborda cuestións xerais sobre Toponimia, ofrécese en forma de dicionario a análise duns mil douscentos nomes de lugar propios do concello e ría de Cedeira, desde as denominacións dos lugares habitados ou dos accidentes xeográficos máis coñecidos, ata as dos terreos cultivados e incultos. O estudo, accesible tamén ao público non especializado, non só se atende aos aspectos estrictamente etimológicos, senón tamén históricos, xeográficos, sociolingüísticos, etc.

Golfo_artabro_700px_Web
El golfo Ártabro. Fragmentos de historia litoral y patrimonio
Víctor Alonso Troncoso; Antonio Rodríguez Colmenero; Ana Goy Diz (eds.)

Monografías; 154

2014 | 412 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-590-5 | 24,00 €

Este libro reúne estudos de sete especialistas sobre arqueoloxía, historia antiga e historia medieval do golfo Ártabro. Por unha parte, a obra contribúe á catalogación e xestión do patrimonio, sobre todo dos bens e xacementos de época castrexa, romana e medieval nas rías d'A Coruña, Ares-Betanzos e Ferrol; por outra, estes estudos abordan temas e problemas metodolóxicos tratados de modo insuficiente ata hoxe, cando non ignorados, en relación coa historia litoral, e en concreto co espazo ribeirego ártabro.

 Nova_Terra_46_700px_Web
Cainozoic deformation of Iberia. A model for intraplate mountain building and basin development based on analogue modelling
Fernández Lozano, Javier

Serie Nova Terra; 46

2014 | 161 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-602-5 | 30,00 €

Nesta obra establécese unha relación entre modelación análoga e análise espectral de datos de topografía e anomalía da gravidade, permitindo coñecer e discutir os mecanismos de formación de relevos montañosos en zonas de interior de placas. De modo máis específico, a investigación céntrase na evolución da topografía e a formación de concas adxacentes na Península Ibérica, inda que os resultados poden extrapolarse a outras zonas intra-placa.

Guia_recursos_educativos_700px_Web
Guía de recursos educativos para personas con enfermedades neuromusculares
Thais Pousada García; Raquel Cruces Estévez

Monografías; 153

2014 | 100 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-586-8 | 14,00 €

Esta obra é un compendio de información para a integración escolar dos nenos e nenas cunha enfermidade neuromuscular (ENM), e está dirixida aos profesionais do ámbito educativo, pais e alumnos/as afectados. Ten tres seccións diferenciadas: na primeira reflicte a situación actual da atención á diversidade na educación; na segunda expóñense os tipos de recursos dispoñibles para a integración escolar; na última, descríbense as características dos nenos e nenas afectados por unha ENM, as súas necesidades educativas, e as pautas adecuadas para fomentar a súa participación activa no proceso educativo e o papel do profesional de terapia ocupacional.

Cincuentenario_700px_Web
Cincuentenario de la Asociación Internacional de Hispanistas
Rocío Barros Roel (ed.)

Cursos_congresos_simposios; 137

2014 | 503 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-595-0 | 20,00 €

Este volume colectivo recolle as ponencias e unha selección das comunicacións presentadas ao Coloquio Internacional "Cincuentenario de la Asociación Internacional de Hispanistas", celebrado na Universidade da Coruña os días 11, 12 e 13 de decembro de 2012.

Pablo_Iglesias_700px_Web
Estudios sobre Pablo Iglesias y su tiempo
Carmen Fernández Casanova (coord.)

Monografías; 151

2013 | 288 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-578-3 | 18,00 €

Os estudos recollidos neste libro teñen como nexo a traxectoria biográfica de Pablo Iglesias. Na primeira das súas catro seccións estúdase a realidade que viviu Iglesias en Ferrol, os feitos sociais que condicionaron os primeiros anos da súa vida. Na segunda sección preséntanse e análízanse as condicións de vida dunha familia obreira á luz das novas correntes historiográficas e do debate que se produciu no século XIX sobre a cuestión social; esta sección tamén se ocupa de coñecer e valorar as propostas de Pablo Iglesias sobre cuestións como o traballo das mulleres. Na terceira parte estúdiase o liderado de Iglesias desde diferentes enfoques: desenvolvemento do papel de Pablo Iglesias dentro do socialismo, as caras do seu liderado e o papel que desempeñou na elección dun modelo sindical. Na cuarta e última parte análizanse as relacións do socialismo co réxime da Restauración, concretamente a resposta do socialismo á violencia política e á revolución.

Valle_inclan_700px_Web
Valle-Inclán, poeta moderno no canonizado
Rosario Mascato Rey

Monografías; 150

2013 | 496 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-575-2 | 25,00 €

Como resultado dun exhaustivo repaso ao dito pola crítica desde 1936 a 2011, este volume comeza por clarificar os límites existentes entre as verdadeiras dimensións do Valle-Inclán poeta na España do seu tempo, fronte ao coñecemento construído posteriormente polos seus exéxetas. En paralelo, reconstrúe as condicións editoriais, institucionais e ideolóxicas da España de entreséculos, co fin de desvelar o valor máis ou menos periférico das propostas estéticas e identitarias de Ramón del Valle-Inclán con respecto aos repertorios en vigor en dito campo, tendo en conta que a traxectoria do escritor está profundamente determinada por un sistema de produción mediática da literatura, en que a prensa diaria se constitúe, xunto coas revistas literarias e artísticas do momento, en espazo privilexiado para o desenvolvemento das propostas estéticas dun grupo de escritores que afirman o seu compromiso pola renovación da lírica castelá.

 Transferencia_calor_Web2
Transferencia de calor
José María Sáiz Jabardo; Alberto Arce Ceinos; Isabel Lamas Galdo

Manuais; 32

2012, 2015 (reimpr.) | 585 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-514-1 | 20,00 €

O presente texto ten dúas características que o diferencian dos libros de texto clásicos de transferencia de calor. Unha ten que ver co desenvolvemento da convección térmica en base á análise integral da capa límite, procedemento que proporciona unha demostración relativamente sinxela da analoxía de Colburn, a través da cal se desenvolven e xustifican as correlacións do coeficiente de transferencia de calor nos casos de fluxo con capa límite. A outra é a serie relativamente extensa de problemas resoltos, coa que se pretende proveer ao alumno cun material de estudo que lle permita adquirir capacidade de análise e de modelización de problemas relacionados coa ciencia da transferencia de calor. Algúns capítulos recibiron un tratamento diferenciado co obxectivo de proporcionar unha profundización en temas que na maior parte dos cursos introdutorios adoitan ser tratados de xeito superficial, inda que importantes nas aplicacións.

 
Equilibrio_resistencia_estabilidad_Web2
Equilibrio. resistencia, estabilidad. Conceptos fundamentales de resistencia y mecánica de materiales
Félix L. Suárez Riestra

Manuais; 33

2013 | 428 pp. | 290x200 mm | ISBN: 978-84-9749-537-0 | 25,00 €

A temática de resistencia de materiais é un piar fundamental no ensino de materias que se relacionan co mundo das estruturas de edificación. Tanto no campo da Arquitectura como no da Enxeñaría, a especialización en mecánica estrutural ha de vir precedida por unha adecuada formación nos conceptos máis básicos que lle sirven de fundamento. A obra ordena a informacion de forma secuencial ao proceso de formación académica máis habitual nas universidades españolas. O alumno, con coñecementos previos de física, álxebra e xeometría, comeza o repaso dos conceptos máis importantes destas disciplinas, que serán precisos para o desenvolvemento dos conceptos de equilibrio, resistencia e estabilidade. Ademais do contenido descriptivo, dótase a todo o documento dun contido visual atractivo para o estudiante, sendo abondantes as representacións gráficas de apoio ao texto.