logo otri

 

A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) creouse en 1991 como un organismo de Interface entre a Universidade e a Empresa. O seu obxectivo fundamental é favorecer as relacións entre os dous sectores, promovendo a transferencia da oferta científico-técnica universitaria ao sector produtivo.

Para achegar a oferta tecnolóxica á demanda empresarial os nosos obxectivos prioritarios son:

  • Identificación oferta-demanda: tanto os resultados transferibles xerados polos investigadores como as necesidades potenciais de I+D das empresas co fin de establecer colaboración entre os dous.
  • Asesoramento aos investigadores: na comercialización de resultados de investigación, elaboración de contratos, propostas de proxectos de I+D+i, tramitación de patentes, creación de empresas de base tecnolóxica e demais xestión de apoio á transferencia.
  • Asesoramento ás empresas: na procura de solucións ás súas demandas tecnolóxicas e información sobre financiamento para a elaboración de proxectos de I+D en España e en Europa.

H2020

 

 Séguenos en: 

twitter OTRI

 

Financiamento


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal