Bolsas para mellora de competencias lingüísticas PDI

Nunha aposta decidida pola internacionalización na casa e fóra dela, a Universidade da Coruña a través da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación convoca bolsas para mellorar as competencias lingüísticas do profesorado que imparte docencia en inglés en títulos oficiais da UDC.
A integración da dimensión internacional na educación superior a través do coñecemento da lingua franca no eido académico e investigador constitúe un factor fundamental na mellora da calidade educativa, na proxección exterior da universidade e na apreciación e integración dos valores culturais característicos dos distintos pobos

CURSO 2017/18


Resolucións