Plan de Apoio Lingüístico para a Docencia en inglés (PALDI)

paldi (1)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Plan de Apoio Lingüístico á Docencia en Inglés (PALDI) desenvólvese baixo a coordinación do Departamento de Filoloxía Inglesa da UDC, co fin de procurar a formación continua do profesorado que forma parte dos programas oficiais de docencia en inglés.
Ademais doutras actividades formativas que se poidan organizar ao longo do curso, o PALDI oferta regularmente oportunidades de acreditación lingüística a aqueles docentes que participan nos ditos programas da UDC e non dispoñen da acreditación esixida no Artigo 2.1 das normas reguladoras da docencia en inglés na UDC


Os programas regulares para a acreditación de docencia son:

Data: luns 06/03/2017 Prazas: 10. Lugar: aula 2.2, Facultade Filoloxía. (Compre enviar un correo electrónico a vic@udc.es para facer a inscrición ate o 22 de febreiro)

Esta actividade está dirixida a todo o PDI da UDC, pero terán preferencia aqueles profesores/as que imparten docencia en inglés no curso académico 16/17 ou van impartila no 17/18.

Datas: 12  - 25 de xaneiro 2017 (en horario de 9.30-13.30 e 16.30 a 18.30). Prazas: 20.  A inscrición farase a través do CUFIE; o prazo remata o vindeiro 3 de xullo")