Programa Visitantes

O Programa de Visitantes da Universidade da Coruña representa unha oportunidade para que tanto estudantes como investigadores amplíen a súa experiencia e complementen os estudos ou investigacións das súas institucións de orixe durante a súa estadía na UDC.

Coa finalidade de ofertarlles aos estudantes e investigadores internacionais a posibilidade de realizar unha mobilidade de estudos ou investigación na UDC, a Oficina de Relacións Internacionais xestiona o Programa de Visitantes, que inclúe:

• Mobilidade de estudantes visitantes
• Programa Holy Cross
• Mobilidade de investigadores visitantes