PRÁCTICAS INTERNACIONAIS

Os estudantes de países/institucións estranxeiras poden realizar un período de prácticas de entre 2 e 12 meses nalgún servizo ou unidade da Universidade da Coruña.

Os estudantes deben estar rexistrados nunha institución de educación superior e matriculados en estudios conducentes a un título universitario oficial (Grado, Mestrado ou Doutoramento).

O estudante non percibirá cantidade algunha en diñeiro ou compensación en especie por parte da Universidade da Coruña en concepto de salario, compensación, beca ou retribución de calquera outro tipo a cambio das actividades desenvolvidas durante o período de prácticas.
A Universidade da Coruña comprométese a:

  • Asignarlles aos estudantes tarefas e responsabilidades (de acordo ao disposto no Acordo de Formación) adecuadas aos seus coñecemento, capacidades e obxectivos de aprendizaxe, garantindo que dispoñan de equipos e a asistencia adecuados, sempre e cando haxa unha oferta de prácticas dun servizo ou unidade da UDC que sexa adecuada á formación solicitada.
  • Enviarlle un certificado de chegada á institución de orixe, se fose necesario.
  • Emitir un informe das prácticas firmado polo titor á finalización das prácticas, avaliando o traballo desenvolvido polo estudante, que poderá ser utilizado pola súa institución de orixe a efectos de recoñecemento académico.
  • Emitir un certificado de fin de estadía incluíndo as datas de inicio e fin do período de prácticas

O estudante comprométese a:

  • Realizar a solicitude de prácticas internacionais na Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade da Coruña seguindo o procedemento de solicitude
  • Contratar un seguro médico ou presentar a Tarxeta Sanitaria Europea válidos en España pola totalidade do período de prácticas.
  • Presentarse na Oficina de Relaciones Internacionais da UDC antes do comezo das súas prácticas presentando a seguinte documentación:
    • Copia do visado, de ser o caso
    • Copia do seguro médico / Tarxeta sanitaria europea
  • Abonar o seguro do estudante no momento da súa chegada á UDC (do que será debidamente informado na Oficina de Relacións Internacionais)
  • Cubrir, antes do fin da súa estadía, o Informe final e solicitar na ORI antes da súa partida seu certificado de fin de estadía e informe final de avaliación, para prácticas Erasmus o prácticas internacionales (español / inglés).

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

Cubrir o Formulario de Solicitude de Prácticas Erasmus ou de Prácticas Internacionais (para estudantes procedentes de países/institucións non incluídos no Programa Erasmus +), e envialo online, preferentemente 2 meses antes do comezo do período de prácticas, e sempre con tempo para a solicitude do visado, se fose necesario.

Na solicitude online o estudante achegará os seguintes documentos: 

  • Acordo de formación (asinado polo estudante e polo coordinador da institución de orixe), según os modelos seguintes:
  • Copia do expediente académico
  • Certificado de idiomas (No caso de atención ao público ou requirido expresamente polo tutor das prácticas, requirirase un Certifiado de nivel B1 de español ou galego, excepto para estudantes nativos; ou xustificar un período de estudos de 6 menos mínimo en España)
  • Copia do pasaporte ou tarxeta de identidade.

ACEPTACIÓN DAS PRÁCTICAS INTERNACIONALES

  •  O estudiante recibirá o Acordo de Formación asinado pola ORI da UDC
  • A ORI emitirá e enviará a carta de aceptación para que o estudante poida solicitar o visado, se fose necesario

 Para máis información: incoming.rrii@udc.es (Campus Coruña) / riferrol@udc.es (Campus Ferrol)