Programa NILS Ciencia e Sostibilidade

  • MOBILIDADE DE ESTUDANTES

logo nils_anexo2

O programa NILS Ciencia e Sostibilidade ofrece a estudantes de grao e máster da UDC bolsas para realizar estadías en institucións de educación superior de Noruega, Islandia e Liechtenstein, no marco dos seus estudos oficiais, fundamentalmente baseadas no programa Erasmus+.

O programa NILS Ciencia e Sostibilidade está financiado no marco do protocolo 38b do Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo e do Memorando de Entendemento asinado por España dun lado e por Noruega, Islandia e Liechtenstein do outro.

Os fondos do Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (en diante, EEE) son administrados pola Oficina do Mecanismo Financeiro (en diante, FMO). En España, o organismo responsable destes é a Subdirección Xeral do Fondo de Cohesión e Cooperación Territorial Europea do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, denominado Punto Focal Nacional (NFP). A Universidade Complutense de Madrid (en diante, UCM), foi mandatada por acordo entre os socios do Mecanismo Financeiro do EEE e o NFP para operar o programa NILS Ciencia e Sostibilidade.

A UDC convocará, de forma simultánea ás súas respectivas convocatorias de postos Erasmus+, as bolsas do programa NILS Ciencia e Sostibilidade.

Páxina Web NILS

 

Data limite de solicitude: 31/07/14

 

Data limite de solicitude: 05/12/14

 

Modelo de solicitude de bolsa NILS (A entrega realizarase seguindo o procedemento publicado na convocatoria)

 

Resolución definitiva de bolsas NILS para mobilidade de estudantes 2014/15

 

Máis información: contactar coa O.R.I