Aloxamento

A Universidade da Coruña non xestiona directamente o aloxamento para os estudantes saíntes pero, co obxecto de facilitarlles a procura de aloxamiento, é membro da plataforma Housing Anywhere
Esta plataforma permítelles aos estudantes da UDC buscar aloxamento para a súa estadía no estranxeiro. A UDC está activada na dita plataforma, o que lles permitirá aos estudantes recibir os servizos de HousingAnywhere.com, incluíndo, entre outros, a procura, publicación e verificación de aloxamento de todo tipo, utilización do sistema seguro de reserva, e o departamento de atención a estudiantes.