5º Certame Fotográfico Rosalind Franklin: As mulleres na ciencia e na tecnoloxía

(Segunda edición)

O pasado 2 de outubro de 2017 fíxose pública a 5ª edición do Certame fotográfico Rosalind Franklin. Trala reunión do xurado encargado da resolución, este certame foi declarado deserto, polo que dende a dirección da Oficina para a Igualdade de Xénero e dende a Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, decídese proceder a abrir unha nova convocatoria deste certame.

  • Fin prazo de presentación: 20 de febreiro de 2018
  • Quen pode participar: aberto a toda a comunidade universitaria da UDC (PDI, PAS, alumnado de Graos, Mestrados e Doutoramento; bolseir@s de investigación, contratad@s con cargo a proxectos...)
  • Podes descargar aquí as bases da convocatoria.