CURSOS DE VERÁN 2016

III CURSO "ORIÉNTATE E PLANIFICA O TEU FUTURO": Orientación laboral, emprendemento e empregabilidade

21, 22 e 23 de setembro de 2016

PROGRAMA (galego)

PROGRAMA (español)

Prazo de matrícula: ata o 18 de setembro.

Horas de duración: 15

Lugar de realización

Facultade de Humanidades e Documentación.
Campus de Ferrol
Esteiro

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1.

Titulacións de graos: Segundo o acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012 sobre a Normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos graos da UDC: Aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1 crédito por cada curso, ou no caso dos obradoiros, cando estes foren de 20 ou máis horas lectivas.

Perfil preferente do alumnado: Estudantes e titulados/as universitarios/as


Coordinación

Dirección: María Carmen Lorenzo Caridad

Secretaría: María Inmaculada Muñoz Pliego




Prezo:

Prezo público xeral: 40 €

Prezo reducido: 20 € Aplicable a estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC, estudantes de Formación Profesional, pensionistas, persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Información:

SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante)
Esteiro-Ferrol
Tel. 981 337 400 ext. 3616//3650
carmen.lcaridad@udc.es

 


Resumo do curso:

O obxectivo deste curso como nas edicións anteriores é axudar aos participantes na orientación da súa procura de emprego ou mellora laboral utilizando: estratexías e técnicas de inserción laboral; competencias para o emprego e o emprendemento; técnicas de desenvolvemento persoal-coaching; panel de expereciencias de estudantes egresados da UDC; emprendedores e captadores de RRHH. As relacións Universidade-Empresa.

 Pautas de matrícula

Matrícula

Prezo xeral

Prezo reducido