Convocatoria de cursos da ISS no estranxeiro

A Universidade da Coruña organiza cada ano a International Summer School coa finalidade de mellorar a dimensión internacional da Universidade e a súa proxección e prestixio no estranxeiro. Para completar a estrutura académica da ISS, a Universidade efectúa mediante esta acción unha convocatoria de propostas para cursos da ISS no estranxeiro, organizados por persoal da UDC. Estes cursos deben ter as mesmas características que os que integran a oferta académica interna da escola de verán.

Máis información


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal