Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría civil (CITEEC)

Páxina do CITEEC

Centro de investigación da Universidade da Coruña dotado con tecnoloxía única en Europa. Acolle grupos de investigadores que estudan aspectos da construción, de enxeñarías hidráulicas e sanitaria, estruturas de portos e costas. En canto rematen as obras de ampliación que se están a levar a cabo actualmente, este centro pasará de ter 3000 a ter 5000 metros cadrados dedicados integramente á investigación.