Que é a carta e o código?

A Carta europea de investigadores e o Código de conduta para a contratación de investigadores son os documentos da Unión Europea que marcan as directrices para que as Universidades e Institucións de Investigación melloren as condicións de traballo e emprego para os investigadores, facendo máis atractiva a carreira investigadora en Europa.

A Carta contén 40 principios que definen as responsabilidades e os dereitos dos investigadores, así como das entidades que os empregan e/ou financian. Estes principios están agrupados en 4 categorías:

  1. Contratación aberta, transparente e baseada en méritos
  2. Aspectos éticos e profesionais
  3. Condicións de traballo e seguridade social
  4. Formación e desenvolvemento da carreira

O Código de Conduta para a Contratación de Investigadores consta dunha serie de principios que deben seguir os empregadores e/ou financiadores ao contratar investigadores.

Estes dous documentos están dirixidos tanto aos investigadores como aos empregadores e/ou entidades financiadoras e poden ser consultados na web de Euraxess: Carta europea de investigadores e o Código de Conduta para a Contratación de Investigadores.

Ademais, tamén esta dispoñible un resumo das sesións informativas sobre o HRS4R levadas a cabo na Universidade da Coruña.