Impresos e formularios

Nesta sección atopará modelos de impresos, formularios e solicitudes relacionados cos distintos trámites que se poden realizar na UDC.

Os distintos impresos e formularios están clasificados polo servizo que os xestiona e polo tipo de trámite. Pode descargalos premendo sobre o nome.

Suxerímoslle que consulte o procedemento de tramitación co servizo e/ou departamento correspondente antes de cubrilo e empregalo.

Os formularios en formato PDF pódense cubrir electronicamente e/ou imprimir. En caso de utilizar a sinatura electrónica e non precisar o trámite de rexistro poderán enviarse por medios telemáticos sen necesitar o envío en soporte papel.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal