Logo IALA Galego

IALA é un grupo de investigación formado por profesores de diversos departamentos da Universidade da Coruña, cuxos intereses están relacionados coa historia e a teoría da arquitectura e, especialmente, coa aplicación das novas tecnoloxías da información e da comunicación no ensino dentro do Espazo Europeo de Educación Superior.

O acrónimo IALA fai referencia a Introdución á Arquitectura, materia de primeiro curso do Grao en Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, onde o grupo tivo a súa orixe como unha experiencia docente e investigadora compartida.