Valedor universitario

Enrique Martínez Ansemil

Catedrático de Zooloxía na Facultade de Ciencias desde o ano 1997.

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1975), doutor de 3.º ciclo en Zooecoloxía pola Universidade Aix-Marseille III (1978), doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e doutor en Ciencias (docteur ès sciences) en Hidrobioloxía pola Universidade Paul Sabatier de Toulouse (1993).

A súa actividade investigadora céntrase no estudo da taxonomía, a bioloxía e a ecoloxía dos oligoquetos acuáticos, especialidade sobre a que é autor de numerosas publicacións en revistas de ampla difusión internacional, en colaboración cos principais especialistas na materia.

Colaborou na organización e na xestión universitaria da USC como membro do Claustro Universitario e xefe da Sección de Bioloxía do Colexio Universitario de Ourense; así como tamén na da UDC como membro do Claustro Universitario, subdirector do Colexio Universitario, secretario da Facultade de Ciencias, secretario do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía, membro da Mesa do Claustro Universitario, membro da Comisión de Garantías e membro da Comisión de Reclamacións de prazas de profesorado interino e contratado. Foi vogal da UDC na Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, CGIACA (2004-09). En marzo de 2011 é elixido valedor universitario da UDC, cargo para o que foi reelixido en marzo de 2015.

Valedor universitario

Enrique Martínez Ansemil
Tel.: 881 01 4369
valedor@udc.es

Secretaria administrativa

Rosa González Romero
Tel.: 881 01 4370
secretaria.valedor@udc.es