Órganos colexiados dos departamentos

O consello de departamento é o órgano colexiado de goberno do departamento.

Son competencias súas:

  • Elixir o director e de ser o caso, revogalo.
  • Programar as actividades docentes e eventualmente investigadoras do departamento, elaborar o seu plano de organización docente e propoñer os programas de doutoramento.
  • Formular as demandas do persoal docente e investigador.
  • Organizar cursos ou estudos de posgrao ou especialización dentro do seu ámbito de competencia.
  • Participar na selección e contratación do persoal docente e investigador.
  • Propoñer nomeamentos de doutores honoris causa.
  • Aprobar a distribución do orzamento anual do departamento e a súa execución.
  • Elaborar o regulamento de réxime interno do departamento.
  • Calquera outra competencia que lle sexa asignada polas disposicións legais vixentes e polos Estatutos da Universidade da Coruña.

O Consello de Departamento estará composto por :

  • O/a director/a, que o presidirá e convocará, e o/a secretario/a.
  • Todo o profesorado doutor vinculado por relación funcionarial á Universidade e todos/as profesores/as e axudantes sen título de doutor e a tempo completo integrados/as no departamento.
  •  Unha representación do profesorado a tempo parcial e do persoal investigador en formación que colaborar na docencia e, se for o caso, dos/as lectores/as integrados/as no departamento, que suporá o 5%.
  • Unha representación do estudantado do ámbito da docencia do departamento que suporá un 28%, dos cales, de ser o caso, o 40% corresponderá ao estudantado de doutoramento.
  • Unha persoa representante do persoal de administración e servizos adscrita ao departamento.

Órganos unipersoais de departamentos

Director/a de departamento

O/a director/a de departamento é o órgano unipersoal de goberno do departamento e o encargado da súa representación, preside e convoca o Consello de Departamento, executa os seus acordos e vela polo seu cumprimento.

É elixido/a polo Consello de Departamento entre os seus profesores doutores con vinculación permanente á Universidade e nomeado polo reitor. A duración do mandato será de catro anos, podendo presentarse a unha soa reelección consecutiva.

Secretario/a de departamento

Correspóndelle ao/á secretario/a do departamento redactar acta das sesións do Consello de Departamento, expedir as certificacións, así como custodiar a documentación do departamento.

O/a secretario/a do departamento será nomeado/a polo reitor, por proposta do director de entre os profesores e axudantes do departamento.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal