Comisións

Comité de Dirección da Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC)

As funcións do Comité de Dirección da EIDUDC están recollidas no Artigo 6 do Regulamento de Réxime Interno da EIDUDC

Composición

Comisión Permanente do Comité de Dirección da EIDUDC

As funcións da Comisión Permanente do Comité de Dirección da EIDUDC están recollidas no Artigo 9 do Regulamento de Réxime Interno da EIDUDC

Composición

Comisión de reclamacións de prazas de interinos, contratados e axudantes

Esta comisión ten a competencia de resolver as reclamacións contra as resolucións das comisións para xulgar prazas de profesores interinos, contratados e axudantes.
Estará constituída polo Vicerreitor da área de Profesorado, que a presidirá, por seis profesores numerarios dos que catro terán que ser doutores, un de cada un dos ámbitos científicos, e un estudante.

Composición

  • Vicerreitores (1)
  • Profesores (6)
  • Representantes do estudantado (1)

Comisión de reclamacións

Esta comisión ten como función valorar as reclamacións que se presenten contra as resolucións das comisións de prazas de catedráticos e profesores titulares.
Será presidida polo Reitor e estará constituída por seis catedráticos de universidade, de diversas áreas de coñocemento con ampla experiencia docente e investigadora.

Composición

  • Reitor (1)
  • Profesores (6)

Comisión electoral central

Correspóndelle regular as eleccións dos membros do Claustro e do Reitor, e é o órgano competente para coñecer e resolver todas as cuestións derivadas destas e das demais eleccións contempladas nos Estatutos da Universidade.

Composición

  • Secretario xeral
  • Profesorado doutor con vinculación permanente (2)
  • Restantes categorías do PDI (1)
  • Estudantes (1)
  • Persoal da administración e servizos (1)
  • Secretario técnico do Campus de Ferrol

Comisión de biblioteca

Composición

  • Vicerreitores (1)
  • Xerente (1)
  • Presidentes de Comisións de Bibliotecas de Centros (7)
  • Estudantes (4)
  • Representante dos SIC (1)
  • Directores de Biblioteca (2)
  • Representante dos xefes de sección (1)
  • Director/a do Servizo de Biblioteca (1)

Comité de Seguranza e Saúde da UDC

As competencias e facultades do Comité de Seguranza e Saúde da UDC (CSS-UDC) son as que establece o artigo 39 da Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL).

A composición é paritaria entre delegados de prevención e representantes da Administración Universitaria. O número de delegados/as de prevención é o que establece o artigo 35 da LPRL e determina a composición do CSS-UDC.
O/a presidente forma parte do colectivo de representantes da Administración Universitaria e o/a secretario/a do colectivo de delegados/as de prevención. O/a xefe/a do Servizo de Prevención de Riscos Laborais é membro nato, con voz e sen voto.

O CSS-UDC dispón dun regulamento de funcionamento.

Comisión Institucional de Mediación, Arbitraxe e Conciliación

A CIMAC é o órgano encargado de analizar as queixas ou reclamacións por causa de violencia psicolóxica ou física no traballo e de establecer as medidas de corrección ou as recomendacións de prevención nos procesos que se sometan ao seu estudo.

Comisión Asesora de Valoración de Documentos Administrativos

A Comisión Asesora de Valoración de Documentos Administrativos da Universidade da Coruña, que se constituíu o 25 de xuño de 2008, é o órgano colexiado encargado da avaliación das series documentais producidas polas unidades administrativas e de servizos da universidade.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal