Alberto Valderruten Vidal

Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente

Profesor titular de Ciencias de Computación e Intelixencia Artificial. Facultade de Informática.

Doutor en Informática (1993) pola Université Toulouse III-Paul Sabatier, participa como membro do Institut de Recherche en Informatique de Toulouse (IRIT) no proxecto Esprit-II Complement, dedicado ao estudo da práctica industrial europea no desenvolvemento de sistemas de tempo real. Comeza a súa actividade docente tamén en Toulouse (1989), e a partir de 1995 na UDC como profesor do Departamento de Computación, no Laboratorio de Fundamentos da Computación e Intelixencia Artificial, dedicado á aplicación de tecnoloxías de programación funcional e de verificación en arquitecturas distribuídas.

Membro do grupo de investigación MADS (Models and Applications of Distributed Systems), adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións (CITIC), a súa investigación céntrase non uso de metodoloxías de modelización para o desenvolvemento de sistemas distribuídos fiables, robustos e eficientes, incluíndo técnicas para a avaliación do rendemento e a verificación de sóftware.

Decano da Facultade de Informática da Coruña (FIC) no período 2004-2013. Secretario da Conferencia de Decanos e Directores de Informática (CODDI), participa na elaboración do Libro Branco do título de grao en Enxeñaría Informática. Participa na posta en marcha e ampliación do Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións como centro singular do Parque Tecnolóxico da UDC destinado á transferencia tecnolóxica no ámbito das TIC.

 

Vicerreitor

Alberto Valderruten Vidal
teléfono881 01 1180

Secretario

Roberto J. Nuez Sánchez
teléfono881 01 1184
vppd@udc.gal


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal