Nancy Vázquez Veiga

Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente

Profesora titular de Lingüística Xeral na Facultade de Filoloxía.

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991 e doutora pola Universidade da Coruña en 1998, institución á que está vinculada desde 1996. Anteriormente impartiu docencia nas universidades de Vigo e Santiago.

A súa liña de investigación fundamental céntrase nos marcadores do discurso, materia sobre a que publicou un libro e numerosos artigos. Tamén é autora de distintas publicacións sobre contacto de linguas e sobre aspectos metodolóxicos da recollida de datos para un corpus de entrevistas sociolingüísticas. Desde o ano 2000 participa en varios proxectos e redes de investigación relacionados co estudo do léxico e das tecnoloxías lingüísticas. É membro do Grupo LYS (Lingua e Sociedade da Información), formado por profesorado e investigadores/as das áreas de Lingüística Xeral e de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Ten concedidos dous sexenios.

Foi coordinadora de dous programas de doutoramento interuniversitario (2004-2014), un deles distinguido con Mención de Calidade polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e de dous mestrados interuniversitarios (2009-2015). Forma parte da Comisión de Estudos Propios de Posgrao da UDC desde 2011. É secretaria académica do Centro de Linguas desde o curso 2004-2005.

Vicerreitora

Nancy Vázquez Veiga
teléfono881 01 1152

Secretaria

Ángeles Respino Souto
teléfono881 01 1157
voaid@udc.gal

Adxunta de títulos

M.ª Dolores Candedo Gunturiz
teléfono881 01 1157
dolores.candedo@udc.gal


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal