Pilar García de la Torre

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

Profesora titular de Psicoloxía. Facultade de Ciencias da Educación.

Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e psicóloga especialista en psicoloxía clínica. Ademais, cursou os estudos de Criminoloxía na mesma universidade e realizou o Mestrado en Logopedia pola Universidade Complutense de Madrid.

Formouse como investigadora no National Addition Unit do Maudsley Hospital de Londres, onde traballou como Honorary Resarch Worker, así como no Departamento de Ciencias da Saúde da Universidade de Gran Canaria e nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña.

Comezou o seu labor docente universitario na Universidade de Santiago de Compostela en 1993 e desde 2002 é profesora titular de universidade en Técnicas de Modificación de Conduta na Universidade da Coruña, na Área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos do Departamento de Psicoloxía.

Desde o 2004 é directora da Universidade Sénior da Universidade da Coruña e é membro da Xunta Directiva da Asociación Estatal de Programas Universitarios de Maiores.

As súas áreas de investigación principais son a psicoloxía da saúde e a aprendizaxe ao longo da vida, área en que nos últimos anos coordinou diversos proxectos europeos no Long Life Education Program do Directorate Xeral of Education and Culture da European Commission, así como no Programa Erasmus+. Estes traballos recibiron diversos premios e mencións.

 

 

Vicerreitora

Pilar García de la Torre 
teléfono881 01 1064

Secretaria

Patricia Rodríguez Penas
teléfono881 01 1062
vic@udc.gal

Adxunta á Vicerreitoría de Internacionalización

Begoña Crespo García
teléfono881 01 1973
erasmus@udc.gal