Margarita Amor López

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria

Profesora titular de Arquitectura de Computadores. Facultade de Informática.

Profesora titular de universidade de Arquitectura de Computadores na Facultade de Informática desde 2000 na Universidade da Coruña. Naceu na Coruña en 1970 e é licenciada en Físicas en 1993 e doutora en Físicas en 1997 pola Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación con estadías de investigación no Edinburgh Parallel Computing Center (Escocia) e no Dpt. of Wilhelm Schickard Institute for Computer Science Graphical-Interactive Systems (WSI/GRIS) da Universidade de Tubinga (Alemaña).

A súa actividade investigadora céntrase na computación paralela, os gráficos por computador e a visualización de terreos. É autora dun cento de publicacións, das cales 25 son en revistas indexadas. Leva participado en máis de 25 proxectos, redes e contratos de investigación, autonómicos, nacionais e internacionais. Dirixiu cinco teses de doutoramento (dúas delas con mención internacional). Ten tres sexenios de investigación.

Foi coordinadora dun programa de doutoramento con mención de calidade e pertenceu á Comisión para o Acceso ao Corpo de Profesores Titulares de Universidade da ANECA. Nos anos 2013 e 2014 organizou o Eurographichs Symposium on Parallel Graphics and Visualization (EGPGV).

 

 

Vicerreitora

Margarita Amor López
teléfono881 01 1150

Secretaria

Carmen Sánchez Parada
teléfono881 01 1151
vepeu@udc.gal

Adxunta de Cultura

Mercedes Regueiro Diehl
teléfono881 01 1732
cultura.vepeu@udc.gal

Adxunto de Participación

José Rodrigo Sanjurjo Amado
teléfono881 01 1217
participacion.vepeu@udc.gal


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal