Actividades 2016-2017

Director da Cátedra: D. Alfonso Vallés Sales, Comandante-Director da Escola de Especialidades Antonio de Escaño

Xoves 16 de febreiro

Taller Big Data e exploración submarina (programa)
Conferencia
  • 19:30 h.
  • Sala Carlos III. EXPONAV
  • Relator: Sergio Álvarez Leiva. Experto en Big Data. Fundador de CartoBD. Premio fundación Princesa de Girona 2016


Mércores 11 de xaneiro 2017

Conferencia “Cine y política: más allá de Juego de Tronos”
  • 19:30 h.
  • Sala Carlos III. EXPONAV
  • Relator: Francisco Javier de Lucas Martín

Javier de Lucas (Murcia, España, 1952)

Catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía política no IDH (Instituto de Dereitos Humanos) da Universidade de Valencia, do que foi fundador e primero director (2004) e é, de novo, director desde xuño de 2016.

Foi director do Colexio de España na Cité Internationale Universitaire de Paris (2005-2012 ) e presidente de CEAR –Comisión Española de Axuda ao Refuxiado- (2008-2009).

Publicou 22 libros e máis de 300 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Traballa sobre problemas de dereitos humanos (en especial políticas migratorias e dereitos humanos), lexitimidade, democracia, cidadanía e obediencia ao dereito.

Colabora en Le Monde Diplomatique (edición española), Infolibre e Tinta libre, Al revés y al derecho (www.infolibre.es ), CTxT, Cartelera Turia e Ahora Semanal. Tamén no programa de radio Hora 25 (Cadena SER),

O seu último libro, Mediterráneo, o naufraxio de Europa (Valencia, Tirant lo Blanch, 2015; 2016 -2ª ed-).


Xoves 24 de novembro

Xornada de Ciencia e Tecnoloxía

Taller de Enxeñaría de Sistemas. Programa

Conferencia “La sublime utilidad de la ciencia inútil”

  • 19:30 h.
  • Sala Carlos III. EXPONAV
  • Relator: Pedro Miguel Echenique, Premio Príncipe de Asturias y Presidente del Donostia International Physics Center

Pedro Miguel Echenique. Presidente de DIPC e catedrático da UPV/EHU

Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 1998, é catedrático de Física de la Materia Condensada na Universidad del País Vasco (UPV/EHU), presidente de Honra de Jakiunde (Academia de Ciencias, Artes e Letras do País Vasco), presidente do Donostia International Physics Center (DIPC), do Centro de Investigación Cooperativa (CIC) nanoGUNE e do Materials Physics Center (MPC), e vicepresidente de Euskampus, Campus de excelencia de la UPV/EHU. Posdoutoramento no Oak Ridge National e Nordita fellow en Lund e Copenhague, é doutor polas universidades de Cambridge e Autónoma de Barcelona, e licenciado en Ciencias Físicas pola Universidad de Navarra.

De 1980 a 1984 foi conselleiro de Educación e Cultura e portavoz do Goberno Vasco. Membro da Real Academia de Ciencias Española e da Académie Royale de Belgique, foi overseas fellow no Churchill College e profesor visitante do Cavendish Laboratory, de Cambridge. Fellow da Sociedade Americana de Física (APS) e da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (FAAAS), é conselleiro de Graphenea. Autor de máis de 400 publicacións en revistas e libros especializados, recibiu diversos galardóns, como os premios Munibe, Euskadi, Dupont, Príncipe de Viana da Cultura, Max Planck, Iberdrola, Nacional Blas Cabrera, Cifra Boada de Comunicación Científica, Sabino Arana e Liberpress Camins. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, as medallas de Ouro de Guipúzcoa, da Real Sociedade de Física, da Universidad del País Vasco e da Ciudad de San Sebastián. É doutor honoris causa pola Universidad de Valladolid, pola Universidad Pública de Navarra, pola Universidad Complutense de Madrid, pola Universidad Privada de América e pola Universidad de Aalto, así como doutor in Science pola de Cambridge. Foi nomeado Vasco Universal do Ano e Fillo Predilecto da Villa de Isaba en 1998.

Luns 17 de outubro de 2016

  • Sala Carlos III. EXPONAV.
  • 19:30 h.
  • Título conferencia: “Europa no mundo”.
  • Relator: Emilio Lamo de Espinosa, Presidente do Real Instituto Elcano.

Emilio Lamo de Espinosa (Madrid, 1946) é doutor en Dereito pola Universidade Complutense, doutor en Socioloxía pola Universidade de California-UCSB (1979) onde ampliou estudos a comezos dos anos 70, e foi Visiting Professor. Desde 1982 é catedrático de Socioloxía na Universidade Complutense.

Estivo ao cargo da reforma da universidade española durante o primeiro goberno socialista de Felipe González (1982-1987), tarefa pola que se lle concedeu a Gran Cruz de Alfonso X El Sabio e o grao de Officier de l’Ordre deas Palmes Academiques por servizos á cultura francesa.

Durante case dez anos (1992-2002) foi director do Instituto Universitario Ortega e Gasset, o maior centro de posgrao en ciencias sociais de España. De 2002 ao 2005 encargouse, como director, da fundación do Real Instituto Elcano de Estudos Internacionais e Estratéxicos, primeiro think tank español en estudos internacionais. Entre o 2007 e o 2010 foi Presidente da Federación Española de Socioloxía, da que é Membro de Honra.

É Doutor Honoris Causa pola Universidade de Salamanca, Premio Otto de Habsburgo 2014, Académico Numerario da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e da Academia Europea de Ciencias e Artes, colaborador habitual na prensa e patrón ou asesor de numerosas fundacións: Fundación Consello España-Estados Unidos, Fundación Real Instituto Elcano, Fundación Carolina, Fundación Transición Política Española, Fundación Fernando Pombo, Fundación Príncipe de Xirona e Fundación Botín.

Publicacións destacadas: ten publicados vintedous libros, máis dun centenar de monografías científicas, e case 400 artigos de prensa ou divulgación, e recoñecidos seis sexenios investigadores. As súas primeiras publicacións tiveron que ver coa recuperación da historia intelectual heterodoxa de España (Política y Filosofía en Julián Besteiro,1973) e a crítica do marxismo (Teoría de la reificación. De Marx a la Escola de Frankfurt , 1981), antes de escribir sobre socioloxía do dereito e desviación social (Delitos sin víctimas, 1989) y, sobre todo, de socioloxía do coñecemento e da ciencia (La sociedad reflexiva, 1990; La sociología del conocimiento y de la ciencia, 1994), o seu principal campo de investigación. Ten o Premio Internacional de Ensaio Jovellanos pola súa obra Sociedades de cultura y sociedades de ciencia (1996). Máis recentemente abordou o estudo da emerxente sociedade transnacional e a súa gobernanza (Bajo puertas de fuego. El nuevo desorden internacional, 2004; eds. Europa después de Europa, 2010). É ademais autor, con Salvador Giner e Cristóbal Torres, do Dicionario de Sociología máis utilizado en castelán (Alianza Editorial, 2ª edición, 2007). Dirixiu quince teses doutorais, e catro delas recibiron o Premio Extraordinario de Doutoramento.
 

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal