Docencia e Validación

• Decana:
          Natalia Sobrido Prieto
• Secretaria:
          M.ª Elena Fraga Martínez
• Directora Dpto. adscrito:
          M.ª Jesús Movilla Fernández
• Un membro do profesorado que imparta docencia na titulación de Enfermaría:
          Matilde García Sánchez
• Un membro do profesorado que imparta docencia na titulación de Podoloxía:
          Pedro Gil Manso
• Un representante dos estudantes do Grao en Enfermaría:
          Ana María Segade Calo
• Un representante dos estudantes do Grao en Podoloxía:

• Un representante do PAS:
          María José Morado Ramos

 

As funcións da Comisión de Docencia recollidas dentro do capítulo IV no artigo 36 serán:

a) Supervisar a metodoloxía didáctica e o rendemento da docencia no centro, tras a análise das memorias que elaboren os departamentos. Confeccionar unha memoria de resumo que, unha vez que se presente e que a aprobe a Xunta de Facultade, será depositada na Secretaría do Centro de xeito que estea a disposición de calquera membro da
comunidade universitaria que a solicitar.
b) Planificar e propoñer ao comezo do curso un proxecto de horarios e de actividades lectivas.
c) Propoñer un calendario para as convocatorias oficiais de exames, de xeito que se conte coas opinións dos diferentes sectores e sempre dentro dos prazos que fixe a Universidade.
d) Coordinar as propostas do Plano de Organización Docente de cada departamento atendendo a criterios de racionalidade científica.
e) Coñecer a información dos conflitos derivados de situacións académicas irregulares producidas no centro,tras a audiencia das partes que estiveren implicadas.
f) Estudar e resolver as diferentes solicitudes de validación de estudos cursados noutras universidades españolas.
g) Informar sobre as propostas de organización dos cursos de formación de posgrao, dos seminarios, congresos, etc….
h) Calquera outra función que, relacionada coa docencia, lle asignar a Xunta de Facultade.