Accións Jean Monnet

Dentro das accións Jean Monnet, creadas pola Comisión das Comunidades Europeas, fóronlle concedidas á Universidade da Coruña dúas cátedras e un curso permanente.

Neste contexto, os cursos que se imparten son:

  • Institucións de Dereito Comunitario (6 c.)
  • Economía da Competencia I: Análise das Regras da Competencia na Comunidade Europea (4,5 c.)
    Para alumnos matriculados en 2.º, 3.º, 4.º ou 5.º da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e licenciados
  • Economía da Competencia II: Política Industrial en Servizos Públicos e I+DD na Unión Europea (4,5 c.)
    Para alumnos matriculados en 2.º, 3.º, 4.º ou 5.º da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e licenciados.
  • Política da Competencia na Unión Europea (4,5 c.)
    Para alumnos matriculados en 2.º, 3.º, 4.º ou 5.º da Facultade de Dereito e licenciados.
    Para alumnos matriculados en 2.º e 3.º da EU de Estudos Empresariais e diplomados.
  • Internal Market, Competition and Regulation: The Decision-Making processes - Strategic Management of Quality and Innovation (3 c.)
    Para alumnos matriculados nos cursos 2.º, 3.º, 4.º ou 5.º da Escola Politécnica Superior e alumnos matriculados nos cursos 2.º e 3.º da Escola Universitaria Politécnica, Escola Universitaria de Relacións Laborais e Escola Universitaria de Deseño Industrial
  • Dereito Comunitario do Mar (4 créditos)
    Para alumnado matriculado nos cursos 3.º, 4.º e 5.º da Facultade de Dereito

Estes cursos teñen carácter de materia voluntaria no marco dos vixentes planos de estudos dos devanditos centros e expresarase no seu expediente que cursaron oficialmente a dita materia e a cualificación obtida.

Ligazóns:

Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea

Posgrao de especialización en Xestión Empresarial da Innovación