Inscrición e matrícula nas ensinanzas oficiais de mestrado curso 2017-2018

Título V da Normativa de xestión académica 2017-2018

Ámbito de aplicación

O alumnado que desexe iniciar ou continuar os estudos que conduzan á obtención dun título oficial de mestrado da UDC.

Acceso e admisión

18.1. Acceso

Para acceder ás ensinanzas oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.

18.1.2. Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao espazo europeo de educación superior , sen necesidade da homologa ción dos seus títulos, logo de que a UDC comprobe que estes acredi tan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar as ensinanzas de mestrado.

18.1.3. Segundo o acordado polo Consello de Go berno do 29/03/2017, reservarase un 5% das prazas dispoñibles para estudos de mestrado universitario para os estudantes que teñan recoñecido un grao de discapa cidade igual ou superior ao 33%, así como para aqueles estudantes con necesidades educat ivas especiais permanentes asoc iadas ás condicións persoais de discapacidade, que durante a sú a escolarización anterior precis aran de recursos e apoio para a súa plena normalización educativa.

As prazas obxecto de reserva destes estudantes que queden sen cubrir, serán acumuladas ás ofertadas pola Universidade polo réxime xeral en cada unha das convocatorias.

18.2. Admisión

18.2.1. Os estudantes poderán ser admi tidos nun mestrado de acordo cos requisitos específicos e os criterios de valoración de méritos que, de ser o caso, fo ren propios de cada título de mestrado universitario ou que esta blecer a Universidade da Coruña.

18.2.2. A Universidade da Coruña incluirá os procedementos e os requisitos de admisión, entre os que poderán figurar requisitos de formación pr evia específica nalgunha s disciplinas, no plan de estudos.

18.2.3. Estes sistemas e procedementos deberán in cluír, para o caso de estudantes con necesidades educativas específi cas derivadas de discapacidade, os servizos de apoio e asesoramento adecuados que avaliarán a necesi dade de posibles adap tacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar ensinanzas de mestrado.

Preinscrición e matrícula

19.1. A matrícula ordinaria é a que realizan os estudantes que se inscriben na universidade para seguir regularmente os estudos que conducen á obtención dun título universitario oficial de mestrado.

De acordo co establecido na Norma que regu la o réxime de dedica ción ao estudo e a permanencia e a progresión dos es tudantes de Grao e Máster Univ ersitario na Universidade da Coruña, aprobada polo Consello Social do 04 /05/2017, establécense pa ra as titulacións de mestrado universitario as seguintes modalidades de matrícula ordinaria: matrícula a tempo completo e matrícula a tempo parcial , cuxas condicións están reguladas no apartados 19.7 e 19.8 desta normativa.

19.2. A matrícula extraordinaria é a que realizan aquelas persoa s que, reunindo os requisitos de acceso e admisión a estudos de mestrado e con independencia da titu lación que posúan, se inscriben en materias diversas das diferentes titulacións de mestra do da universidade sen esperaren a obtención dun título. Estas persoas non constarán en actas de cualificacións oficiais e recibirán, ao remate dos estudos que re alizaren, un certificado do profesorado encargado da materia expresivo da súa asiste ncia e aproveitamento, con indicación da cualificación final que obtivesen. Aboarán as taxa s correspondentes á apertura do expediente de matrícula extraordinaria e os prezos públicos correspondentes aos créditos matriculados.

En calquera caso, a admisión destas persoas en cada unha das materias que quixeren cursar quedará condicionada pola existencia de prazas dispoñibles nelas, unha ve z que se computen as matrículas ordinarias en cada titulación en qu e se imparta a materia que solicitaren, así como pola decisión que adopte o centro sobre a formación previa necesaria do solicitante.

Para estes efectos esta matrícula deberá realizar se de forma presencial na administración do centro que corresponder.

19.3. O calendario de preinscrición e de matrícula, aprobado polo Consello de Goberno do 27 de abril de 2017, será o que figura no Anexo I .

19.4. Publicada a relación definitiva de persoas ad mitidas, estas matricularanse, procedendo ao aboamento dos prezos públicos de matrícula de acordo co disposto no artigo 10.3 desta normativa.

19.5. Os alumnos que non estean en posesión d un título universitario poderán acollerse ao procedemento extraordinario de preinscrició n nos mestrados universitarios conforme ao establecido no acordo adoptado polo CG da UDC o 23/03/2015.

19.6. As solicitudes de matrícula re alizadas fóra dos prazos establecidos para este fin serán resoltas, grazas á desconcentración de competen cias, polos decanos ou directores dos centros (os modelos correspondentes figuran nos Anexos IX e X ). Contra a súa resolución poderá presentarse recurso de alzada perante o reitor.

19.7. Matrícula no primeiro curso en titulacións de mestrado universitario

Os estudantes que iniciasen os estudos correspondentes a estas titulacións poderán matricularse de acordo coas seguintes opcións, segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da Coruña:

a) Opción preferente: matrícula a tempo completo:

Os estudantes admitidos por primeira vez no primeiro curso dos estudos de mestrado universitario con dedicación a tempo comple to, deberán matricularse de 60 créditos correspondentes ao primeiro curso da titulación.

b) Opción que deberá xustificar o/a estudante: matrícula a tempo parcial:

De acordo co disposto na norma mencionada: So n estudantes de primei ro curso/primeira vez con dedicación ao estudo a tempo parcial aquele s aos que se lles autorice a efectuar a súa matrícula neste réxime, que nunca poderá ser in ferior a 24 créditos, nin superior a 48, tras acreditaren coa súa solicitude que se atopan na lgún dos supostos que se enumeran no artigo 8 da norma citada e de acordo cos proced ementos establecidos nos artigos 7 e 9.

A Comisión de selección do Mást er de cada Facultade ou Escola será o órgano encargado de resolver as solicitudes en base ás circunstancias acreditadas polos solicitantes, sen que en ningún caso o número de solici tudes autorizadas poida superar o 30% do número de prazas que se ofertan a primeiro curso en cada ano académ ico. No suposto de que non se cubrise na súa totalidade a oferta de prazas realizada, non será necesario aplicar esa limitación para o réxime de matrícula a tempo parcial; porén deberá resp ectarse en todo caso o número de prazas que se oferten a primeiro.

Por conseguinte, establecerase un sistema de selección que, en ca lquera caso, terá en conta a nota media do expediente académico corresponden te aos estudos universitarios que dan acceso ao Máster. O procedemento seguirá o establecido no Capítulo II da norma citada no primeiro parágrafo deste apartado e as solicitude s serán resoltas, por desconcentración das competencias do reitor, polo presidente da Co misión de selección (os modelos correspondentes figuran nos Anexos XI e XII ). Contra a súa resolución poderá presentarse recurso de alzada perante o reitor.

A súa matrícula producirá os efectos descritos no art. 6 desa norma.

Os solicitantes desta opción deberán aprazar o pagamento da súa matrícula, agás os prezos correspondentes de secretaría, ao presentar a so licitude mencionada, até que se resolver o seu pedimento.

Se o/a estudante non resulta seleccionado/a para a opción de matrícula a tempo parcial, poderá optar pola matrícula a tempo completo ou, de ser o caso, renunciar á praza que lle fose adxudicada pola Comisión de se lección do Máster, no seu caso.

No caso de non cumprir o establecido nos apar tados a) e b) anteriores, terase á persoa interesada por desistida da súa solicitude de matrícula, e pr ocederase de oficio, mediante resolución do decano ou director do centro , por desconcentración do reitor, dirixida ao interesado, a aceptar de plano a desistencia da solicitude da matrícula e declararase concluso o procedemento, coa devolución dos prezos públicos que correspondan, se proceder, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (o modelo correspondente figura no Anexo XIII ).

19.8. Matrícula de continuación de estudos nas titulacións de mestrado universitario

19.8.1. Poderán formalizar a súa matrícula de continuación de estudos de mestrado universitario aqueles alumnos que pretendan continuar os seus estudos na mesma titulación en que estiveron matriculados no curso 2016/2017 ou noutros cursos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 27 desta normativa.

19.8.2. De acordo co disposto no art. 4 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión do s estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da Coruña, o alumnado de continuación de estudos de mestrado universitario, con dedicación a tempo completo deberá matricularse dun número non inferior a 48 créditos, que nunca poderá superar os 78, agás aquel ao que lle rest ar un número inferior de créditos para rematar os seus estudos. Poderase alcanzar unha matríc ula dun número superior de créditos cando esta estea condicionada por obrigas académicas esta blecidas no plan de estudos: ordenación temporal dos estudos, prelacións ou pre-requisit os pola compatibilidade horaria das materias a matricular.

19.8.3. De acordo co disposto no artigo e norma citados no anterior apartado: Son estudantes de continuación de estudos con dedicación a tempo parcial aqueles que realicen unha matrícula que nunca pode ser inferior a 24 créditos, agás que lle reste un número inferior para rematar os seus estudos, nin superior a 48 crédit os. A Comisión de selección do Máster de cada Facultade ou Escola será o órgano encargad o de resolver as solicitudes en base ás circunstancias acreditadas polos solicitantes, tras acreditaren que se atopan nalgún dos supostos que se enumeran no artigo 8 desa norm a e de acordo co procedemento establecido no seu artigo 9.

O procedemento seguirá o establecido no Capítulo II da norma citada no primeiro parágrafo deste apartado e as solicitudes serán resoltas, por desconcentración das competencias do reitor, polo presidente da Comisión de selecció n (os modelos correspondentes figuran nos Anexos XI e XV ). Contra a súa resolución poderá presen tarse recurso de alzada perante o reitor.

Os solicitantes desta opción deberán aprazar o pagamento da súa matrícula, agás os prezos correspondentes de secretaría, ao presentar a so licitude mencionada, até que se resolver o seu pedimento.

Se o/a estudante non resulta seleccionado/a para a opción de matrícula a tempo parcial, deberá optar pola matrícula a tempo completo.

No caso de non cumprir o establecido nos aparta dos 19.8.2 e 19.8.3 anteriores, terase á persoa interesada por desistida da súa solicitude de matrícula, e procederase de oficio, mediante resolución do decano ou director do centro, por desconcentración do reitor, dirixida ao interesado, a aceptar de plano a desistencia da solicitude da matrícula e declararase concluso o procedemento, coa devolución dos prezos públicos que correspondan, se proceder, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (o modelo correspondente figura no Anexo XIII ).

19.9. Realizarase a matrícula do TFM de acordo co establecido no artigo 1 da Normativa reguladora da matrícula e a defensa do Traballo Fi n de Grao (TFG) e do Tr aballo Fin de Mestrado (TFM), aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013.

Para poder formalizar a matrícula do TFM será requisito imprescindible matricularse tamén de todas as materias necesarias para re matar o plan de estudos do mestrado.

Matrícula en cursos extinguidos de titulacións de mestrado

O alumnado de continuación de estudos de mestrado, unha ve z extinguido cada curso por calquera das causas mencionadas nos puntos 1.º e 3.º da Instrución 1/2012-2013, da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, mediante a que se establecen as garantías dos dereitos académicos dos alumnos de títulos oficiais de grao e mestrado, que estean incursos en procesos de modificación, supr esión ou extinción dos se us títulos ou dos seus planos de estudos, disporán dunha convocator ia con dúas oportunida des de exame no mesmo curso académico no que se produciu a extinción, para superar as materias ou as disciplinas pertencentes ao ese curso académico extinguido.

Impedimentos para a formalización da matrícula de continuación de estudos de mestrado universitario. Permanencia

Ao abeiro do artigo 5 da Norma que regula o ré xime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da Coruña, os estudantes de primeiro curso, por primeira vez, matriculados en réxime de dedicación a tempo completo, deberán superar nese curso académico polo menos 18 créditos. Se o título no que estivesen matriculados dese a cceso a unha profesión regulada , deberán superar un mínimo de 12 créditos no primeiro ano académ ico no que estivesen matriculados.

Os estudantes de primeiro curso, por primeira vez, matriculados en réxime de dedicación a tempo parcial deberán superar nese curso académic o polo menos 12 créditos. Se o título no que estivesen matriculados dese acceso a unha profes ión regulada, deberán superar un mínimo de 6 créditos no primeiro ano académico no que estivesen matriculados.

Os estudantes de continuación de estudos, matriculados a te mpo completo, deberán superar un mínimo de 60 créditos cada dous anos académic os. Se o título no que estivesen matriculados dese acceso a unha profesión regulada, deberán superar un mínimo de 60 créditos cada tres anos académicos.

Os estudantes de continuación de estudos, ma triculados a tempo parcial, deberán superar un mínimo de 30 créditos cada dous anos académic os. Se o título no que estivesen matriculados dese acceso a unha profesión regulada, deberán superar un mínimo de 30 créditos cada tres anos académicos.

Aquel estudante que non cumprise os requisitos mencionados nos apartados anteriores, non poderá proseguir os mesmos estudos na UDC. Non obstante poderá cambiar de universidade e/ou de titulación confor me se dispón no artigo 11 da norma mencionada.

Coordinación dos mestrados e comisión de selección

22.1. Cada mestrado universitario estará coordina do por un/ha profesor/a coordinador/a que será nomeado/a de acordo co disposto no apar tado 1 do artigo 7 da Normativa pola que se regulan as ensinanzas oficiais de grao e mestrado universitario na UDC, aprobada polo Consello de Goberno do 27/06/2012, modificada o 19/12/2013.

22.1.1. Para a selección dos estudantes, a direcci ón do centro nomeará unha comisión que estará presidida polo coordinado r do mestrado e da cal formar án parte, como mínimo, tres profesores con docencia nel e a persoa responsabl e da administración do centro, que custodiará a documentación recibida. A devandita comisión elixirá, entre os seus membros, un/ha secretario/a, que redactará as actas das reuni óns e que certificará os seus acordos. A composición desta comisión farase pública no tabo leiro da facultade ou escola e nas web destas, no caso de existir.

22.1.2. Cada comisión de selección de berá constituírse antes do in icio do proceso de admisión de alumnos. Antes da apertura deste prazo de admisión, as comisións el aborarán e publicarán, no taboleiro de anuncios e na web do centro , o baremo que empregarán para valorar as solicitudes presentadas para cada mestrado.

Finalizada a baremación, as comi sións de selección elaborarán dúas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas en que se especificará o motivo da exclusión, de ser o caso. A listaxe de admitidos distinguirá as solicitudes de admisión a tempo completo e as solicitudes de admisión a tempo parcial.

Estableceranse en ambos os casos a correspondente listaxe de agarda.

Tras o prazo de reclamacións ás listaxes prov isionais e unha vez que estas se resolvan pola comisión, o secretario desta entregará na administ ración do centro as lis taxes definitivas, que conterán a puntuación concedida a cada solicitante. A admini stración do centro será a encargada de introducir os datos na aplicac ión informática elaborada para o proceso de admisión.

As comisións de selección do s mestrados interuniversitarios seguirán os procedementos establecidos nos respectivos convenios.

22.1.3. Para acceder aos estudos de mestrado, o alumnado con títulos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES, sen homologar, que faculten no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgra o, tamén deberá presentar na administración do centro correspondente, xunto coa solicitude de acceso, unha “solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros aos estudos oficiais españois”, dirixida ao reitor, pola que aboará as taxas correspondentes en todo caso ante s de formalizar a súa matrícula.

Unha vez que a comisión de selecci ón pertinente comprobe que os solicitantes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títu los españois de grao, e que no país expedidor do título este faculta para o acceso a estudos de posgrao, remitiralle a tr avés da administración do centro a súa proposta ao reitor, que re solverá de acordo coa proposta realizada.

22.1.4. Todas as solicitudes formuladas por persoa s con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na Universidade da Coruña:

a) Título que dá acceso ao mestrado

b) Certificado expedido por autoridade competente que exprese que o título do que estea en posesión o interesado facilita, no país expedidor deste, para o acceso a ensinanzas de mestrado ou de posgrao.

c) Certificación académica

Non obstante, a comisión de cada mestrado poderá requirir, de o considerar preciso, a entrega doutra documentación.

A citada documentación deberá presentarse polo s interesados convenientemente legalizada, ou coa Apostila da Haia (no caso de títulos obtidos en univ ersidades pertencentes a países que subscribisen o correspondente convenio) na admi nistración do centro en que se imparte o mestrado, en todo caso antes de formalizaren a súa matrícula.

Reclamación e recursos

Os estudantes que non foren admitidos poderán presentar unha reclamación ante a comisión de selección correspondente, median te unha instancia motivada di rixida a quen a presidir, que entregará na administración do centro no prazo sinalado no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno ( Anexo I ).

A devandita comisión resolverá as reclamacións, e publicará no taboleiro de anuncios do centro a relación definitiva de persoas admitidas.

Contra esta resolución cabe interpoñer un recurso de alzada perante o reitor.

Desistencia e modificación da matrícula

Os estudantes poderán solicitar a desistencia ou a modificación da matrícula de acordo co que se dispón a seguir.

24.1. A desistencia total da matrícula só se estimará de se solicitar como data tope o día 22 de novembro de 2017, inclusive, sen prexuízo do di sposto na epígrafe 24.5 desta normativa.

A estimación da solicitude de desistencia tota l de matrícula realizada no período indicado poderá levar consigo a devolución dos prezos públicos aboados, agás os correspondentes á tarifa terceira do decreto da Xunta de Galicia que establece os prezos públicos de nivel universitario.

Xa que logo, alén do prazo indicado o estudante deberá constar como alumno nas actas oficiais correspondentes ao curso académico coas cualificacións que corresponder.

24.2. A solicitude de desistencia parcial de matrícula, correspondente a/s materia/s do segundo cuadrimestre, resolverase conforme se establece nos apartados 24.5 e 24.6 destas normas.

No expediente do estudante ao que lle fose es timada a solicitude de desistencia parcial de matrícula constarán todas as cualificacións que obtiver no 1.º cuadrimestre e, se é o caso, aqueloutras cualificacións que obtiver en materias do 2.º cuadrimestre.

24.3. A modificación da matrícula enténdese como a ampliación de materias e/ou como a substitución dunha materia por outra, ou por mate rias cun número de créditos igual ou similar. Estas novas materias teñen que ser elixidas entre as que estivesen en condición de matrícula durante o período de matriculación. Os prazos máximos para solicitar a modificación son os seguintes:

a) Ampliación e/ou substitución de materias do primeiro cuadri mestre, ou de materias anuais: ata o 20 de setembro de 2017.

b) Ampliación e/ou substitución de materias do segundo cuadrimestre ou anuais: ata o 19 de febreiro de 2018.

c) O alumnado de continuación de estudos de mestrado poderá so licitar a ampliación no número de créditos que considere, respectando o disp osto na memoria verificada do seu título.

24.4. Aceptarase a ampliación de matrícula en ma terias, sempre que nestas non se realizase a primeira convocatoria ordinaria ou oportuni dade de exame, e tamén a posibilidade de anulación parcial de materi as, nos casos seguintes:

a) Ampliación de matrícula en materias e/ou anulación parcial de materias, co obxecto de que o/a estudante poida beneficiarse de bolsas convoc adas polo Ministerio de Educación, a Xunta de Galicia, a UDC ou calquera outro organismo, público ou privado.

b) Ampliación de matrícula en materias por dita rse resolución positiva de recoñecemento de créditos, sempre que se solicitasen no período ordinario de matrícula.

Con independencia da presentación ou non do re curso que proceder contra a citada resolución de recoñecemento de créditos ECTS, o alumnado deberá matricularse no prazo indicado na resolución.

24.5. Non obstante o indicado nos apartados preceden tes, o reitor poderá estimar en calquera momento a solicitude de desistenci a total ou parcial da matrícula, a súa modificación e resolver a súa anulación, naquelas situacións en que concorreren circunstancias excepcionais debidamente motivadas polas pers oas interesadas. A resolución poderá levar consigo, no seu caso, a devolución dos prezos pú blicos aboados que corresponder.

24.6. A competencia para resolver as situacións derivadas das epígrafes 24.1, 24.3 e 24.4 corresponderalles aos decanos ou director es dos centros, por desconcentración das competencias do reitor, nos prazos que se establ eceren en cada caso. Contra a súa resolución caberá recurso de alzada perante o reitor.

A competencia para resolver a situación prevista na epígrafe 24.2 correspóndelle ao reitor ou vicerreitor en que delegue. Cont ra a súa resolución caberá recurso potestativo de reposición perante o reitor ou recurso contencioso-administrativo.

24.7. En calquera caso, para os efectos de coor dinación cos procedemen tos de solicitude de bolsas, enviaráselle sempre unha copia das resolu cións que se ditaren á unidade competente na tramitación destas.

Simultaneidade

25.1. Os alumnos que desexaren simultanear es tudos deste nivel no mesmo ano académico deberán facer a súa solicitude ante o/a presidente/a de cada comisión a través das administracións dos centros en que se imparten os correspondentes me strados. Cumprirá que sinale cal é o seu título preferente de entre aqueles que pret ende simultanear.

A resolución das solicitudes de simultaneidade de estudos deléga se, ao abeiro do disposto no artigo 2.1, da Orde do Ministerio de Educación e Cultura de 28 de setembro de 1984, nos decanos ou directores dos centros (o s modelos correspondentes figuran nos Anexos V e VI ).

25.2. Non poderán simultanearse dúas titulacións agás se ao rematar o proceso de admisión resultasen prazas vacantes na segunda titulación ou titulación non-preferente.

En calquera caso, a concesión da simultaneida de determinarase pola media do expediente académico do título que dá acceso ao Máster.

25.3. O alumnado que posúa a condición de so licitante de simultaneidade de estudos aprazará o pagamento do prezo da matrícula ao presenta r o xustificante que acredite a solicitude da simultaneidade de estudos até que se ditar a súa resolución positiva.

Prezos de matrícula

Os estudos conducentes á obtención dun título oficial de mestrado xerarán os prezos públicos que determinar a Comunidade Autónoma de Ga licia. A xestión dos prezos públicos dos mestrados realizarase de acordo coas normas de aplicación que no ámbito das súas competencias poida ditar esta universidade.

As disposicións previstas no artigo 10 para as ti tulacións de grao, serán de aplicación supletoria, de ser necesaria, ás ensina nzas oficiais de mestrado.

 

Normativa de xestión académica 2017-2018