Comeza Explorer 'Jóvenes con Ideas' (Evolución de Yuzz)

80 prazas na Universidade da Coruña

Participa en Explorer “Jóvenes con ideas” (Evolución de Yuzz)


Banner_ExplorerQué é Explorer? Un programa que impulsa o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo.

Esta iniciativa, impulsada por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinada polo Centro Internacional Santander de Emprendemento (CISE), representa a evolución de Santander Yuzz.

Dirixido a xóvenes de entre 18 e 31 anos. Os seleccionados poderán beneficiarse do acceso a un dos dous Explorer Space UDC en Ferrol ou A Coruña, centros de coworking de alto rendemento onde desenvolverán as súas ideas de forma colaborativa durante 5 meses, con asesoramento personalizado e formación por parte dunha rede de máis de 200 expertos en innovación e modelos de negocio.

Os tres mellores proxectos do programa recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento.

En cada un dos dous Explorer Space UDC escollerase o mellor proxecto que terá como premio unha viaxe a Silicon Valley.

Grazas á colaboración coa Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award-impulsado por INDRA, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ao proxecto de negocio máis innovador.

Inscrición a través da plataforma global www.explorerbyx.org ata o 8 de decembro de 2017.

Bases da convocotaria

Máis información: Emprego UDC

emprego.vepeu@udc.es

UDC A Coruña Space- Tfno.: 881 012 916

UDC Ferrol Space- Tfno.: 881 013 616