Escola Internacional de Doutoramento

A Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC), creada no ano 2013 (Decreto 95/2013, do 13 de xuño, polo que se crean as escolas de doutoramento nas universidades do Sistema universitario de Galicia), é o Centro que asume a organización, a planificación, a xestión, a supervisión e o seguimento da oferta global de actividades propias do doutoramento na UDC. Están adscritos á EIDUDC todos os programas de doutoramento da UDC.

O órgano de goberno da EIDUDC é o Comité de Dirección. Este Comité está presidido polo/a director/a da EIDUDC e integrado polos coordinadores dos programas de doutoramento verificados polo RD 99/2011, unha representación das entidades colaboradoras, alumnado e PAS, e o/a secretario/a da EIDUDC, que actúa así mesmo como secretario do Comité.

O órgano executivo da EIDUDC é a Comisión Permanente, presidida polo/a director/a da EIDUDC e integrada por un coordinador de programa de doutoramento de cada ámbito de coñecemento e un representante do alumnado, un representante do PAS, e o/a secretario/a da EIDUDC, que actúa así mesmo como secretario da Comisión.

O funcionamento da EIDUDC está determinado polo Regulamento de estudos de doutoramento da UDC e o Regulamento da EIDUDC.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal