Ámbitos de investigación

As liñas de investigación que segue estre grupo son as seguintes:

  1. Historia, dramatización e cultura. Estudiase a relación entre os feitos históricos e os procesos de transformación cultural a través de formatos tecnolóxicos (teatro, cantares, coplas, cine, banda deseñada, televisión ou Internet) que implican procesos de dramatización transformando feitos reais históricos en elementos culturais que forman parte dun plan educativo. A súa análise é a base de calquera proposta de intervención didáctica nos ámbitos da ensinanza.
    Palabras chave: Hechos históricos, dramatización, didáctica, educación, cultura. Resonsable: Dr. Alfredo Rodríguez López-Vázquez
  2. Didáctica da Lingua Estranxeira (DLE. Inglés). Abórdase a investigación, innovación e acción en aspectos relacionados ca DLE e a súa achega á adquisición da competencia lingüística. Plantéxase o novo método teórico-práctico da transpodidáctica textual que contribúe á mellora na ensinanza e aprendizaxe de linguas a través de textos de ficción. Palabras chave: Transpodidáctica, textos de ficción, competencias, lenguas, proyectos (PBL). Responsable: Dra. Pilar Couto Cantero.
  3. Investigación en Español como Lingua Estranxeira (ELE). Aborda o uso das TIC ao servizo da aprendizaxe do español, en particular, das destrezas orais. Explóranse as características do discurso que presentan dificultades para os estudantes de ELE. Mediante o uso dun corpus (DSSC). Aprécianse as características dos rasgos prosódicos que supoñen un obstáculo para a intelixibilidade do discurso dialóxico en estudantes de ELE. Palabras chave: Lingüística de corpus, nuevas tecnologías, destrezas orales, adquisición del lenguaje. Responsable: Dra. María Bobadilla Pérez.
  4. Investigación na Didáctica da Literatura e a Didáctica do Patrimonio: oralidade, territorio e patrimonio. Aborda o estudo das manifestacións culturais de interese para a Didáctica das Ciencias Sociais e da Didáctica da Lingua e da Literatura (a literatura oral, a toponimia, o patrimonio arqueolóxico e etnográfico, etc.) desde unha perspectiva teórica, metodolóxica e didáctica converxente. Analiza a construción e evolución das paisaxes culturais e desenvolve ferramentas didácticas para a súa introdución no currículo académico dende a transdisciplinariedade. Palabras chave: Literatura oral, toponimia, patrimonio cultural, espazos culturais. Responsable: Dra. Begoña Bas López
  5. Historia, textos e comunicación. Procura unha análise do pretérito que de lugar a un discurso didáctico centrado na evolución social e cultural no seo das Idades Moderna e Contemporánea. Aborda o pasado da humanidade a partir dunha ampla perspectiva, con especial atención ás tensións e mudanzas sociais e culturais, ás descobertas xeográficas, así como á traslación destas realidades ao soporte documental e comunicativo. Palabras chave: Historia, Ciencias Sociais, Didáctica, Descobertas Xeográficas, Comunicación. Responsable: Dr. Uxío Breogán Diéguez Cequiel.

Datos xerais
Coordinadora Dra. Pilar Couto Cantero. Titular de universidade
Fecha de alta 13/02/2014
Adscripción a deptos. Didácticas Específicas
Adscripción a centros Facultade de Ciencias da Educación
Código interno G000697


Contacto
Dirección Dpto. de Didácticas Específicas. Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Elviña, s/n. 15071 A Coruña ESPAÑA

Correo electrónico: dilec@udc.es
Teléfono 981167000 ext. 4612
Fax 981167153