Cultura

Dámosvos a benvida á páxina da Área de Cultura de A Coruña e Ferrol, dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria. Aquí poderedes atopar información de interese sobre a nosa oferta cultural, que comprende exposicións, diferentes talleres, ciclos, teatro, danza e actividades de extensión universitaria que queren dar resposta ás demandas culturais tanto das persoas que pertencen á comunidade universitaria como das que non son parte dela. 

Instalacións culturais da Universidade da Coruña:

Campus da Coruña

Normal. Espazo de Intervención Cultural

Paseo de Ronda 47

15011 A Coruña

 Normal

 

 

 

 

 

 

 NORMAL é un espazo cultural activo, un espazo de intervención. É un contedor para a produción/coprodución de iniciativas e de proxectos propios: nova escena contemporánea, cinema, artes visuais, multimedia, música avanzada, voluntariado e cooperación…

Unha programación diferente, interdisciplinaria, vinculada á experimentación, ás novas linguaxes contemporáneas, preferentemente urbanas e aquelas ligadas ás Media-Arts. Espazos abertos á sociedade e aos artistas, ás asociacións, á colaboración institucional, dentro de criterios de calidade. Talleres onde creadores da Universidade e de fóra dela poidan producir e despois expor o seu traballo. Ligar a cultura á vida pública no sentido máis amplo, con atención á reflexión sobre políticas de xénero e a cooperación. Oferta de cursos e master class sobre arte, cinema, literatura, músicas, pensamento e todas aquelas actividades que antes estaban dispersas na Universidade.

Campus de Ferrol

Centro Cultural 1

O Centro Cultural Universitario de Esteiro acolle a oferta cultural do campus, tanto os cursos e obradoiros (arte, cinema, teatro, música, fotografía...), como os ciclos de cinema ou exposicións. Nel atópase a propia Oficina da Área de Cultura de Ferrol, e dispón de dúas aulas multiusos, unha ampla sala de exposicións e dunha sala de proxección dotada cos máis modernos equipos de imaxe e son.

Ás instalacións referidas, hai que engadir o uso complementario do Edificio de Apoio ao Estudo ou do Salón de Actos do campus de Esteiro, espazos cedidos xenerosamente pola Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Reponsabilidade Social.

Actualidad

22 may
Universo Coruñento. Rutas pola cidade invisible con Xurxo Souto
11 may
Nueva exposición en la Normal
04 may
Conversas coa dirección (novo ciclo de proxeccións da Área de Cultura)
02 abr
10º aniversario
16 mar
O coro da UDC ofrece un novo concerto o venres, 23 de marzo, na Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Ültimos Días