Obradoiros de Creación

Nas seguintes ligazóns teñen a oferta de obradoiros para o segundo cuadrimestre do curso 2016-17. Todos os obradoiros posúen créditos de recoñecemento académico (alumnos/as de Grao) (normativa e resolución reitoral) superando o 85 % da asistencia.

A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chega a cinco persoas

Información sobre a matrícula:

O prazo de matrícula comezará o día 15 de febreiro de 2017 e rematará o 3 de marzo de 2017, ambos inclusive. A matrícula farase en liña.

As persoas que sexan novos usuarios terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en "autenticacion NON universitarios e familiares" e escoller a opción "rexistro". Logo de completar o formulario, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para matriculárense.

Os prezos dos obradoiros serán os seguintes:

Cursos cuadrimestrais

  • 40 € para alumnos da UDC (30 € en segunda matrícula)
  • 60 € para membros da comunidade universitaria da UDC (50 € en segunda matrícula)
  • 45 €  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula)
  • 80 € para o público xeral (70 € en segunda matrícula)

Restauración de mobles:

  • 70 € para alumnos da UDC (60 € en segunda matrícula)
  • 90 € para membros do resto da comunidade universitaria da UDC (80 € en segunda matrícula)
  • 75 €  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (55 € en segunda matrícula)
  • 150 € para o público xeral (140 € en segunda matrícula)

  

 Importante:

Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes

As persoas desempregadas ou que teñan acreditada discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer a matrícula presencialmente na oficina de cultura de Normal, achegando a documentación que acredite a súa situación.

As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá e no 881 014 514 en quenda de tarde.

 

Listaxe de obradoiros ofertados:

Procedemento de matrícula:

O pagamento farase en liña, seguindo estas instrucións:

  •  autentique a súa identidade
  •  prema na lapela de “actividades”
  •  elixa o obradoiro no que quere inscribirse
  •  prema en “ver máis”
  •  siga a ligazón “inscrición”
  •  seleccione o xeito de pagamento e confirme

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal