Que é unha película autoral? O cine-diario e o caderno de artista

Charla de Ana Domínguez en Normal

O cinema feito fóra da industria desde o punto de partida ata os seus múltiples códigos, como o cine-diario e o caderno de artista.

“…A visión non é un feito senón un conxunto de sensacións.
Na maioría dos idiomas da maioría das culturas ao longo da historia, ver foi sinónimo de entender.”

Cinema Expandido, Gene Youngblood, 1970

Charla impartida por Ana Domínguez
Co-directora do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña
 

Data: 12 de marzo de 2018.
Horario: de 19.30 a 21.30 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.

 

BÍO – ANA DOMÍNGUEZ
Nada en A Rúa de Valdeorras (Ourense).

Formada en artes plásticas na escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela, a Massana de Barcelona e a Universidade de Göttingen en Alemaña. Desenvolve a súa traxectoria artística entre Galicia, Cataluña e Alemaña, onde realiza exposicións de pintura, deseño de decorados para obras de teatro e performances xunto ao colectivo multicultural Ball-cans.

Participa como directora artística e rexedora de atrezo en diversos proxectos cinematográficos e de televisión.
Denomínase a si mesma como unha creadora visual. O seu salto ao cinema considérao un proceso natural onde a cámara é unha extensión máis da expresión artística.

Realizou pezas curtas e vídeo instalacións como Autorretrato ou Brío (2015) e participa do laboratorio de creación fílmica AA++, dedicado á filme performance.

En 2017 estrea a súa primeira longametraxe Os Fillos da Vide, no Festival de Cinema Europeo de Sevilla.

Actualmente codirixe na cidade da Coruña o (S8), Mostra Internacional de Cinema Periférico, dedicado ao cinema de vangarda e as súas expresións contemporáneas.