Solicitude de entradas para os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia

Solicitude desde o 4 até o 7 de decembro

Poñémonos de novo a disposición do alumnado da UDC entradas de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia do sábado 13 de xaneiro de 2018. Para solicitar as entradas haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura.coruna@udc.es, indicando o nome e número de DNI da persoa solicitante, número de entradas (unha ou dúas), co asunto: “Entradas OSG”.

As entradas recolleranse no SAPE.

Requisitos:

  • Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar dúas localidades.
  • Queda excluída desta entrega de entradas toda persoa que teña unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. Tamén quedará excluído o alumnado que non envía o correo electrónico desde o dominio UDC.
  • Poderase enviar o correo solicitando as entradas desde o día 4 até o día 7 de decembro inclusive.
  • As entradas serán adxudicadas por estrita orde de petición e as persoas beneficiarias poderán coller as entradas no servizo do SAPE os días 11, 12, 13 e 15 de novembro, previo aviso por correo electrónico; as persoas que non retiren a localidade concedida nese prazo decaerán na súa solicitude e as súas entradas ofertaranse ás persoas que quedasen en quenda de reserva. As persoas que teñen dereito a retiralas en quenda de reserva poderán facelo entre os días 18 e 22 de decembro, previo aviso por correo electrónico.
  • As entradas só poderán ser retiradas pola persoa adxudicataria, polo que no momento da recollida haberá que presentar o DNI.
  • As persoas que non recollan a entrada e non comuniquen o motivo ao enderezo electrónico cultura.coruna@udc.es, decaerán de futuras listaxes durante a presente temporada.

Aquí podedes ver o programa da tempada 2017/2018 da Orquesta Sinfónica de Galicia.
As entradas de balde serán para os concertos do “Abono sábado”.

Para calquera dúbida ou incidencia, podedes chamar ás seguintes extensións telefónicas:
Jorge Cordal Fustes, ext. 4502
Noemí Castro Blanco, ext. 4518
Maite Pérez, ext. 4514 (Quenda de tarde)