"EXPOCIENCIA-UDC", nova exposición no Centro Cultural Universitario de Esteiro

Do 15 de marzo ao 21 de abril de 2017

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC presenta, "EXPOCIENCIA-UDC", unha exposición de posters innovadores relacionados cos seguintes ámbitos: ciencias, ciencias da saúde, e enxeñaría e arquitectura. Os autores dos traballos son alumnos de graos e másteres, e profesores da UDC.

Esta exposición mostra diversos temas de química, física, bioloxía ou arquitectura, que formaron parte dos traballos finalistas dos premios da I convocatoria Expociencia-UDC de divulgación científica, en colaboración coa Excma. Deputación Provincial da Coruña, celebrada o día 22 de Decembro do pasado ano.

A exposición comeza a sua itinerancia no Centro Cultural Universitario, no campus de Esteiro de Ferrol (Sala Exposicións, 1º andar), e poderá visitarse desde hoxe ata o día 21 de Abril, en horario de 9.00 h a 21 h.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal