Foto da reitoría da Universidade da Coruña (Maestranza)

O Perfil do Contratante garante o acceso á información relativa á actividade contractual da UDC, de acordo cos requisitos establecidos no artigo 53 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Púbico (TRLCSP) e na súa normativa de desenvolvemento.

A Universidade da Coruña, como administración pública integrada no sector público, está sometida ao TRLCSP. Na Universidade da Coruña (UDC), o Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica, a través da Sección de Contratación, é o responsable de levar a cabo con eficiencia a utilización dos fondos destinados á realización de obras, a adquisición de bens e a contratación de servizos, garantindo os principios de liberdade de acceso ás licitacións, a publicidade e a transparencia dos procedementos, a non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos.