Instituto Universitario de Estudos Marítimos

O Instituto Universitario de Estudios Marítimos é o resultado da colaboración entre dúas entidades, a Universidade e a Autoridade Portuaria da Coruña. Persegue unha finalidade especial, consistente en acceder ao coñecemento especializado no ámbito das ciencias e técnicas do mar e que teñan incidencia directa no desenvolvemento social, político e cultural da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste sentido, as súas actividades están destinadas fundamentalmente á investigación, así como ao ensino interdisciplinar das materias que comprende. Os seus estudos están dirixidos a aspectos estritamente conectados co mar, non só entendido como medio natural, senón tamén como un conxunto de cuestións que se desenvolven en consonancia con este medio. Este instituto nace con vocación plural e de desenvolvemento máis alá das fronteiras da comunidade autónoma galega, independentemente de que as súas actuacións estean fundamentalmente dirixidas ao estudo de valoracións e resultados de especial incidencia nesta zona.

Enderezo

  • Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña. 15071 - A Coruña.