Instituto Universitario de Ciencias da Saúde

O Instituto de Ciencias da Saúde constitúe un centro fundamental dedicado á investigación científica e técnica, á actividade docente do terceiro ciclo universitario e cursos de posgrao, e ao asesoramento técnico, con singular proxección e especialización na área de ciencias da saúde.
Conceptualmente funciona como catalizador e impulsor das actividades investigadoras que se xeran na área de ciencias da saúde, promovéndoas, facilitándoas e coordinándoas cando for preciso.
Así mesmo, o Instituto facilita os esforzos investigadores interdisciplinares, xa que a investigación que se desenvolve nel require a experiencia multidisciplinar que inclúe unha gran variedade de disciplinas en todo o espectro das ciencias biomédicas.

Enderezo

  • Hospital Marítimo de Oza. 15006 - A Coruña.