Análise Económica e Administración de Empresas

Creouse en 1992, como escisión do antigo departamento de Economía Aplicada. Ten a súa sede na Facultade de CC. Económicas e Empresariais. Está formado por 53 docentes, distribuídos en tres áreas de coñecemento: Fundamentos da Análise Económica, Organización de Empresas e Comercialización e Investigación de Mercados.
Imparte docencia nas facultades de CC. Económicas e Empresariais, Socioloxía, Dereito e CC. da Comunicación, e nas escolas de Estudos Empresariais, de Arquitectura Técnica, de Relacións Laborais, de Deseño Industrial e na Politécnica Superior.
Conta con dúas cátedras: a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea e a Cátedra de Empresa Familiar.
Impártense, ademais, dous títulos propios da Universidade: o Mestrado en Dirección e Administración de Empresas (MBA) e o Mestrado en Economía e Xestión da Construción, e varios cursos de especialización.
Este departamento está encargado da coordinación do programa de doutoramento da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, no que participan todos os departamentos adscritos a este centro.
Os grupos de investigación vinculados son o Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento Rexional e o de Macroeconomía e Saúde.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal