Química Fundamental

Este departamento agrupa todos os docentes e investigadores das áreas de Química Inorgánica e de Química Orgánica. Nace como unidade administrativa no ano 2000 por escisión do Departamento de Química Fundamental e Industrial.
Está composto por 7 catedráticos de universidade, 10 profesores titulares de universidade, 4 profesores contratados doutores, 4 investigadores do programa Isidro Parga Pondal así como bolseiros e personal contratado de investigación.
Os seus principais obxectivos son a creación, desenvolvemento, transmisión e crítica da ciencia en xeral, e da Química Inorgánica e a Química Orgánica en particular ao servizo da tecnoloxía e a calidade de vida, así como a preparación para o exercicio de actividades profesionais relacionadas coa química.
Abarca a docencia das materias da Licenciatura e Grao en Química e complétanse coa participación no posgrao oficial "Química Ambiental e Fundamental" e no programa de doutoramento "Química Ambiental e Fundamental".
A actividade investigadora constitúe un elemento prioritario para a consolidación da súa calidade científica e plásmase dentro dos oito grupos de investigación en que se estrutura o departamento.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal