Dereito Público Especial

Creouse en 1991. Conta con 30 profesores, dos que 24 son doutores, que imparten docencia en varios centros da UDC, ademais de realizar unha intensa actividade investigadora. Conta coas seguintes áreas:
  • Dereito Administrativo. Con liñas de investigación en: Dereito público de Galicia, Gobernanza, Dereito urbanístico e Dereito ambiental. Inclúe ao grupo de investigación do Observatorio do Litoral.

  • Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Céntrase en Dereito comparado, europeo e norteamericano, do Traballo e da Seguridade Social. Ten relación co Instituto de Investigación da Asociación Coruñesa de Dereito Comparado do Traballo e da Seguridade Social.

  • Filosofía do Dereito. A investigación oriéntanse á comprensión dos procesos de transformación do Dereito, da Bioética e o Dereito biomédico, partindo da análise do pensamento xurídico contemporáneo.

  • Dereito Eclesiástico do Estado. As materias de investigación son: Dereito Canónico, Dereito Eclesiástico do Estado, Dereito matrimonial comparado, Relacións Igrexa Estado, Liberdade relixiosa no Dereito Comparado, Relixión, Dereito e políticas gobernamentais.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal