Enxeñaría Industrial

A necesidade de dotar de departamentos a recentemente creada Universidade da Coruña mediante a Lei 11/1989, de 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, propicia a constitución do Departamento de Enxeñería Industrial o día 26 de marzo de 1990, tras a solicitude expresada pola Vicerreitoría de Investigación.
O departamento nace vencellado á Escola Universitaria Politécnica, nese momento xa dependente da Universidade da Coruña, na que se viñan impartindo dende os anos 80 estudos de Enxeñería Técnica Industrial, que xunto cos de Enxeñería Técnica Naval constitúen a docencia maioritaria do departamento.
Na actualidade, os 46 profesores que forman parte do departamento están repartidos en catro áreas: Expresión Gráfica da Enxeñería, Enxeñería dos Procesos de Fabricación, Enxeñería de Sistemas e Automática e Enxeñería Eléctrica; e imparten docencia na mencionada Escola Universitaria Politécnica, na Escola Politécnica Superior e na Escola de Deseño Industrial no campus de Ferrol, así como na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos no campus da Coruña.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal