Filoloxía Española e Latina

Comezou a súa actividade en 1990. Está integrado por 28 profesores de cinco áreas de coñecemento: Lingua española, Literatura española, Filoloxía Latina, Teoría da literatura e Filoloxía románica, que imparten docencia en varias facultades da UDC.

PROGRAMA DE DOUTORAMENTO
O programa de doutoramento do departamento: A Linguaxe Natural e a Linguaxe Artística na súa Modalidade Literaria e Audiovisual, obtivo Mención de calidade do Ministerio de Educación e Ciencia o ano 2004 e foi aprobada a súa renovación ata o curso 2010-2011. Adaptouse á normativa do EEES, co título: Lingua, Texto e Expresión Artística.

ESTUDOS PROPIOS DE POSGRAO UDC: Organiza anualmente o Curso de formación específica de posgrao Actualización e perfeccionamento en Lingua e Literatura española, de 6 créditos ECTS.

DOCENCIA PARA ESTRANXEIROS: conta cun programa de intercambio co College of the Holy Cross.

INVESTIGACIÓN
Hai 7 grupos de investigación adscritos ao Departamento, con número de referencia no Catálogo de investigación da UDC: G000208, G000337, G000375, G000406, G000473, G000624 e E000528, onde poden consultarse as súas liñas de investigación, proxectos e membros que se integran neles.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal