Economía Financeira e Contabilidade

Ten como misión a formación, aprendizaxe, creación, difusión e aplicación do coñecemento na área das finanzas e a contabilidade, tanto en Galicia como fóra de Galicia. Para o seu cumprimento e desenvolvemento, o departamento asume e comparte valores como o traballo en equipo, compromiso ético no desenvolvemento das tarefas, actitude de mellora continuada, honradez intelectual e responsabilidade no cumprimento das súas obrigas e o compromiso cos valores da UDC.
Deste xeito, e baseándose en tres eixes fundamentais: I+D+i, docencia e relacións coa sociedade, o departamento ten como obxectivos estratéxicos:
  • Incrementar a calidade e cantidade de produción científica

  • Incrementar a calidade da docencia

  • Incrementar o uso das TIC

  • Incrementar as relacións co contorno profesional e empresarial

O profesorado deste departamento está en contacto coa realidade económica e social, debido ao crecente interese e demanda de ensino na área de Economía Financeira e Contabilidade. Impártese docencia nas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Informática, así como nas escolas de Estudos Empresariais e de Relacións Laborais.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal