Dereito Privado

O Departamento de Dereito Privado -situado no edificio da Facultade de Dereito, campus de Elviña- integra catro áreas de coñecemento: Dereito civil, Historia do Dereito e das Institucións, Dereito internacional privado e Dereito mercantil. O profesorado do Departamento imparte docencia en cinco centros: Facultade de Dereito, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e, finalmente, Escola Universitaria de Deseño industrial de Ferrol.

A actividade investigadora reflíctese amplamente nas participacións dos membros do Departamento en Congresos e Reunións científicas, así como en publicacións de diversa índole. Na actualidade desenvólvense diversos proxectos correspondentes aos catro grupos de investigación adscritos ao Departamento: Grupo de investigación sobre políticas sociais, Dereito de consumo e protección do consumidor, Colaboración, conflito e competencia entre empresarios e Provectos e Estudos de Dereito Civil -Europa, España, Galicia-.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal